Växjö

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Växjö.

Växjö é unha cidade sueca. É a cidade principal do municipio de Växjö, a capital do Condado de Kronoberg e a sede episcopal da diocese de Växjö. Växjö, que obtivo o título de cidade en 1342, é a 20ª cidade máis grande de Suecia cunha poboación de 59.200 habitantes.

Situación[editar | editar a fonte]

Växjö está situada nun cruzamento de estradas nacionais, e tiña antigamente o lema "A cidade onde os camiños se cruzan".

Växjö está rodeada case totalmente por lagoas.

Nunha reportaxe, a BBC dixo da cidade de Växjö que era a máis verde de Europa. Dende 1993 a cidade reduciu nun 30% as emisións de dióxido de carbono.