Kuopio
Coordenadas: 62°53′33″N 27°40′42″W / 62.8925°N 27.67833°W
| Kuopio | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | Finlandia |
| Rexión: | Savonia do Norte |
| Sub-rexión: | Kuopio |
| Xeografía | |
| Altitude: | msnm |
| Superficie: | 2.317,24 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 97.552 hab. (2012) |
| Densidade de poboación: | 61.07 hab./km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | Petteri Paronen |
| Sitio na web: | Páxina Oficial |
Kuopio é unha cidade da rexión de Savonia do Norte (Finlandia). A cidade ten 97.552 habitantes (2012),[1] sendo a cidade máis poboada da provincia de Finlandia Oriental.
Kuopio é coñecida por ser o berce dos pasteis de peixe finlandeses Kalakukko, polo dialecto Savo, pola colina de Puijo e pola torre de Puijo, que oferece ao visitante unha vista magnífica da rexión. A colina de Puijo alberga tamén unha competición anual de salto de esquí.
Índice |
Topónimo [editar]
Hai diversas hipóteses sobre a orixe do nome Kuopio. A primeira remóntase ao século XVI, cando un persoeiro de grande influencia chamado Kauhanen en Tavinsalmi trocou o seu nome por Skopa e a pronunciación da xente era Coopia, derivando despois a Cuopio. A segunda explicación afirma que o nome provén do verbo finés kuopia, que quere dicir, por exemplo, cando un cabalo raña o chan coas pezuñas. A terceira hipótese di que o nome viría dun nome de home propio de Carelia Prokopij, de Ruokolahti na Idade Media. Esta última explicación parece ser a máis provable, xa que está documentada polo Instituto de Investigación para as Linguas de Finlandia.
Historia [editar]
Kuopio foi fundada en 1653 polo governador Peter Brahe, mais a data oficial de fundación é recoñecida o 17 de novembro de 1775, cando o rei Gustavo III de Suecia ordenou que fose establecida a cidade de Kuopio. O municipio de Karttula foi anexionado ao de Kuopio en 2011, do mesmo xeito que fixeran anteriormente os de Vehmersalmi (2005), Riistavesi (1973) e Kuopion maalaiskunta (1969).
Demografía [editar]
Evolución da poboación :
Xeografía [editar]
A cidade está rodeada polo lago Kallavesi e parte da cidade foi construida en illas, como o proxecto Saaristokaupunki (literalmente Cidade Arquipélago), a área residencial máis grande que se está a construir na actualidade en Finlandia.[2] O seu relevo é bastante marcado, estando o centro da cidade dominado polo outeiro de Puijo e a súa torre.
Dende a súa fusión con Vehmersalmi en 2005, limita cos concellos de: Siilinjärvi e Nilsiä ao norte, Juankoski e Tuusniemi ao leste, Leppävirta ao sur, Suonenjoki e Kartula ao oeste, e Maaninka ao noroeste.
Clima [editar]
| Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Temperatura media máxima (°C) | -6,2 | -5,9 | -0,3 | 5,5 | 14 | 19,2 | 21,4 | 18,5 | 12,3 | 5,9 | -0,2 | -4,1 |
|
| Temperatura media mínima (°C) | -13,2 | -13,4 | -8,3 | -2,8 | 3,8 | 10,4 | 13,1 | 11,3 | 6,4 | 1,5 | -4,5 | -10.3 |
|
| Precipitacións (mm) | 41,2 | 31,1 | 34,2 | 31,9 | 38,8 | 65,4 | 76,9 | 80,2 | 58,6 | 52,8 | 51,1 | 45,6 |
|
| Fonte: World Meteorological Organisation (UN) [3] | |||||||||||||
Lingua [editar]
A meirande parte da poboación de Kuopio fala finés, habendo unha minoría de falantes de sueco (0,1%). Algunhas das primeiras escolas con estudos en finés foron creadas en Kuopio, como a escola para cegos (1871) e a escola de comercio (1887). A nivel dialectal, a cidade está situada en plena zona dos dialectos da Finlandia oriental, e máis concrétamente os que son denominados Savo (de Savonia), os cales ocupan unha extensión moito máis grande do que é, de feito, a rexión histórica de Savonia.
Educación e cultura [editar]
Kuopio é unha das cidades con maior tradición no campo da educación. A cidade é coñecida como o centro cultural de Finlandia Oriental, oferecendo diversos eventos importantes como o festival de danza de Kuopio e o festival de viño de Kuopio.
Notas [editar]
- ↑ [1]
- ↑ "Kuopion korkein asuinkerrostalo nousi harjakorkeuteen". Suomen Kiinteistölehti: p. 14. 2008-10-16. http://www.kiinteistolehti.fi/uutiset.php?id=4289
- ↑ "World Weather Information Service – Kuopio". United Nations. http://www.worldweather.org/061/c00171.htm.