Alexander Calder
Alexander Calder, nado o 22 de xullo de 1898 en Lawnton (Pensilvania) e finado o 11 de novembro de 1976 en Nova York, foi un escultor estadounidense inventor da escultura móbil. Antes de ser escultor foi pintor e ilustrador.
Calder ocupa lugar especial entre os escultores modernos. Creador dos stabiles, sólidas esculturas fixas, e dos móbiles, placas e discos metálicos unidos entre si por fíos que se axitan tocados polo vento, asumindo as formas máis imprevistas – a súa arte, segundo Marcel Duchamp, “é a sublimación dunha árbore ao vento”.
Índice |
[editar] Traxectoria
Fillo e neto de escultores, súa nai foi pintora. Estudiou enxeñería mecánica.[1] En 1872 asistiu á Liga de Estudantes de Arte dos Ánxeles, onde coñeceu algúns artistas da escola Harry P que exerceron grande influencia na súa obra.
Coñecido como o inventor do mobile (escultura móbil) ou chupin (xoguete móbil pendurado) converteuse así nun dos precursores da escultura cinética.
En 1926, despois de visitar Gran Bretaña, fixouse en París, onde coñeceu surrealistas, dadaístas e os compoñentes do grupo De Stijl. Data desa época a súa amizade con Joan Miró. Construíu un circo en miniatura, con animais de madeira e arame. Aos seus “espectáculos” asistían artistas e intelectuais. Fixo, tamén en arame, as súas primeiras esculturas: Josephine Baker (1926), Romulu and Remus (1928), Spring (1929).
De 1931 datan as súas primeiras construcións abstractas, nitidamente influenciadas por Mondrian. Os primeiros móbiles son de 1932.
En 1933 Calder volveu para os Estados Unidos. En 1948 viaxou a América do Sur e novamente en 1959. Nesa última ocasión, visitou o Brasil, onde expón no Museo de Arte de São Paulo. En 1950 foi a Escandinavia.
Nos seus últimos anos mantiña un estudio en Saché, preto de Tours e aínda que vivise aí a maior parte do tempo, conservou a súa propiedade de Roxbury, Connecticut, mercada en 1933, e que se tornara un verdadeiro repositorio de traballos e obxectos feitos por el – desde os andirons espiralados da lareira rústica até às bandejas feitas com latas de azeite italiano.
[editar] Galería de imaxes
-
Crinkly avec disc rouge (1973), Dobradura con disco vermello, Schlossplatz, Stuttgart, Alemaña
-
Six Dots Over a Mountain (1956), EUA
-
Red Mobile (1956), Canadá
-
L'Homme (1967), Canadá
-
Le Halebardier (1971), Alemaña
-
Mural (1954). Stillman House. Litchfield , Connecticut, EUA.
-
O oso formigueiro (1963), Rotterdam , Países Baixos.
-
Sen título (1968). Aceiro pintado. Centro Cultural de Belén, Lisboa, Portugal.
-
Os catro elementos, na área externa do Museo de Arte Moderna de Estocolmo, Suecia.
-
A Cidade (1960). Xardín interno do Museo de Belas Artes de Caracas, Venezuela.
-
Bobina, Galería Nacional da Australia, Canberra.
[editar] Notas
- ↑ The Engineer Behind Calder's Art 1998, Mechanical Engineering Magazine. Páxina accedida o 7 de xaneiro de 2011. (en inglés)
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Calder Foundation. Páxina web oficial da Fundación Calder (en inglés).
- Biografía en moreeuw.com (en francés).
- Alexander Calder (1898-1976) en arteseleccion.com (en castelán).