Tampere
Coordenadas: 61°29′53″N 23°45′39″W / 61.49806°N 23.76083°W
| Tampere | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | Finlandia |
| Rexión: | Pirkanmaa |
| Sub-rexión: | Tampere |
| Xeografía | |
| Altitude: | msnm |
| Superficie: | 689,59 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 215.315 hab. (2012) |
| Densidade de poboación: | 410,1 hab./km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | Timo P. Nieminen |
| Sitio na web: | Páxina Oficial |
Tampere (en sueco Tammerfors) é unha cidade de Finlandia, capital da rexión de Pirkanmaa (provincia de Finlandia Oriental). Segundo o censo do 31 de xaneiro de 2012 ten unha poboación de 215.315 hatibantes.[1] A cidade está situada ao sur do país, entre os lagos Näsijärvi e Pyhäjärvi. É a terceira cidade máis poboada de Finlandia por detrás de Helsinki e Espoo.
Índice |
Historia [editar]
Tampere foi fundada como mercado á beira da canle Tammerkoski en 1775 por Gustavo III de Suecia e catro anos despois, o 1 de outubro de 1779,[2] se lle concederon dereitos de cidade. Daquela tratábase dunha vila pequena que consistía nuns poucos quilómetros cadrados de terra arredor de Tammerkoski.
Tampere medrou como cidade comercial importante e centro industrial no século XIX. Durante a segunda metade deste século Tampere concentraba case a metade da industria de Finlandia.
Tampere foi o epicentro de moitos acontecementos políticos importantes da historia de Finlandia no século XX. o 1 de novembro de 1905, durante a Revolución Rusa de 1905, proclamouse o famoso Manifesto Vermello de Yrjö Mäkelin na praza central da cidade, dende o balcón do Keskustori, o que conduciu ao sufraxio universal e á concesión de máis liberdades para os finlandeses. En 1918, cando Finlandia acababa de conseguir a independencia, a cidade converteuse nun lugar estratéxico da resistencia vermella durante a Guerra Civil Finlandesa (28 de xaneiro a 15 de maio de 1918), sendo o seu bastión baixo o mando de Hugo Salmela ata a súa ocupación polas forzas brancas o 6 de abril, facendo 10.000 prisioneiros.
Logo da Segunda Guerra Mundial, Tampere experimentou un notable crecemento ao anexionar algunhas zonas veciñas como Messukylä (1947), Lielahti (1950), Aitolahti (1966) e finalmente Teisko (1972).
Dende mediados dos anos '90, o peso específico da industria da cidade foi mudando cara ao sector das novas tecnoloxías, principalmente as telecomunicacións e as tecnoloxías da información, sendo o centro tecnolóxico de Hemia en Hervanta a sede de numerosas compañías destes sectores.
Xeografía [editar]
Tampere forma parte da rexión de Pirkanmaa e limita cos concellos de Kangasala, Lempäälä, Nokia, Orivesi, Pirkkala, Ruovesi e Ylöjärvi.
Clima [editar]
Tampere ten un clima subártico (Köppen Dfc), aínda que está próximo a un clima continental húmido (Köppen Dfb). Os invernos non son especialmente fríos, sendo a temperatura media no mes de xaneiro de -6,4º C, mais os veráns son suaves. De media, a tempada de neve dura catro ou cinco meses, dende novembro ata principios de abril.
| Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Temperatura media máxima (°C) | -3,4 | -3,5 | 1,2 | 8,2 | 15,4 | 19,5 | 22,2 | 19,9 | 14 | 7,5 | 1,5 | -1,9 |
|
| Temperatura media (°C) | -6,4 | -6,9 | -2,8 | 3,3 | 9,7 | 14,1 | 16,9 | 15 | 9,8 | 4,6 | -0,6 | -4,5 |
|
| Temperatura media mínima (°C) | -9,7 | -10,6 | -6.6 | -1,3 | 3,8 | 8,6 | 11,7 | 10,4 | 5,9 | 1,9 | -3 | -7,6 |
|
| Precipitacións (mm) | 41 | 29 | 31 | 32 | 41 | 66 | 75 | 72 | 58 | 60 | 51 | 42 |
|
| Fonte: Estatísticas climáticas de Finlandia (1981-2010) | |||||||||||||