Tronco (árbore)
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Tronco.
O tronco é o talo principal das árbores e arbustos. Nas plantas, un tronco é un tipo de caule leñosa, resistente, cilíndrica ou cónica e tamén máis longa na base ca na cima, con ramificacións que se forman a partir de certa altura.
Xusto debaixo da superficie do tronco, a saiba da árbore, transporta os nutrientes minerais procedentes da terra. A árbore protexe esas canles mediante a casca; así e todo, plantas parasitas, insectos e fungos.
O tronco da maior parte das árbores adultas chega a aumentar uns 2,5 cm por ano (o das sequoias xigantes, 8 cm), e medra cara a fóra, de xeito que se cortamos un tronco é posible ver os aneis concéntricos que o conforman. Contando eses aneis, sábese a idade que tiña a árbore.
Sección do tronco de diversas árbores no Centro de Interpretación da Natureza do Grove: