Emma Goldman
Emma Goldman, nada o 27 de xuño de 1869 e finada o 14 de maio de 1940, foi unha anarquista de orixe lituana-asquenací que foi coñecida polos seus textos e discursos feministas e polos seus testemuños sobre a Revolución Rusa.
Traxectoria [editar]
Logo de emigrar aos Estados Unidos en 1886, é expulsada en 1919 pola súa intensa actividade política. Volve entón para Rusia, mais volve a abandonalo país por disentir do rumbo autoritario tomado polo goberno bolxevique. Viviu en varios países, participou na guerra civil española e faleceu en Canadá. Emma Goldman é, ata hoxe, a anarquista máis famosa da historia dos Estados Unidos, país no que viviu a meirande parte da súa vida, mesmo sendo comparada cos homes anarquistas.
É dela a famosa frase que define de maneira simple a idea anarquista de liberdade:
Inmigración aos Estados Unidos [editar]
Con 17 anos Emma Goldman emigrou coa súa irmá máis vella, Helene, a Rochester, Nova York, para vivir coa súa irmá, Lena. Alá traballou moitos anos na industria téxtil e en 1887 casou cun colega de traballo, Jacob Kersner.
O aforcamento de catro anarquistas despois da Revolta de Haymarket levou a Goldman á militancia e a coñecer outra eminente figura do anarquismo, Voltairine de Cleyre. Con vinte anos xa era unha revolucionaria.
Goldman e Kersner mantivéranse legalmente casados garantíndolle a ela a súa cidadanía estadounidense.
Principais Obras [editar]
- Revista Mother Earth (1906 - 1917).
- Anarchism and Other Essays (1910).
- The Social Significance of the Modern Drama (1914).
- My Disillusionment in Russia (1923).
- My Further Disillusionment in Russia (1924).
- Living My Life (autobiografía, 1931).
- Voltairine de Cleyre (1932).
- O indivíduo na sociedade (dispoñible en galego aquí).