Ralph Waldo Emerson

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ralph Waldo Emerson

Ralph Waldo Emerson, nado en Boston, Massachusetts, o 25 de maio de 1803 e finado en Concord o 27 de abril de 1882, foi un escritor, poeta e filósofo estadounidense.

[editar] Traxectoria

Fillo dunha familia de pastores da Igrexa Unitaria, criado no puritanismo de Nova Inglaterra, pasou boa parte da súa vida na bucólica e pequena cidade de Concord, próxima a Harvard aínda que nunca ensinou alí. Máis que as súas célebres frases, utilizadas en textos de auto axuda e en enciclopedias de citas, o seu discurso - American Scholar (o Académico Americano) - é a máis profunda reflexión da súa época sobre o papel do intelectual, do libro e da literatura en América.

[editar] Véxase tamén

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre:
Ferramentas persoais