Crime e castigo
Crime e castigo (en lingua rusa: Преступление и наказание, Prestuplenie i nakazanie) é unha novela do escritor ruso Fiódor Dostoievski, publicada en 12 entregas en 1866 no xornal literario O mensaxeiro ruso[1], e que posteriormente publicouse nun só volume.
Índice |
Características [editar]
Crime e castigo pon o foco na anguria mental e os dilemas morais de Rodion Romanovich Raskolnikov, un pobre e antigo estudante de San Petersburgo que formula e executa un plan de matar a unha vella usureira para lle roubar. A novela ten un marcado carácter psicolóxico, adentrándonos na mente do seu protagonista mentres a investigación policial vaise achegando á súa beira.
Constitúe unha das obras cume da literatura universal e tivo unha grande influencia en escritores posteriores, coma os existencialistas Albert Camus e Jean-Paul Sartre[2].
Notas [editar]
- ↑ University of Minnesota - Study notes for Crime and Punishment (en inglés).
- ↑ SparkNotes Editors. “SparkNote on Crime and Punishment.” SparkNotes LLC. 2002. http://www.sparknotes.com/lit/crime/ (accedido o 23 de setembro de 2010).
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Crime e castigo (en ruso)