Deportación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Deportación é a acción de desterro do que son vítimas individuos ou grupos de persoas usualmente por razóns políticas. Xeralmente aplícase como castigo, con fins aislacionistas ou esclavistas. Nalgúns casos a deportación de comunidades ten como causa diferenzas étnicas ou relixiosas.

En todo caso, as causas que levaron historicamente á deportación de calquera grupo é considerada como un acto segregacionista e conlevou en diversas oportunidades graves abusos e ata o exterminio ou xenocidio de poboacións enteiras.

Historia[editar | editar a fonte]

Desde un punto de vista estritamente histórico a Biblia fai referencia en varias pasaxes a deportacións masivas, recoñecidas actualmente como históricas, cabe mencionar o traslado de gran parte da poboación israelita a Babilonia, evidentemente contra a súa vontade e con fins escravistas. Na época do Imperio Romano diversas tribos foron forzadas a mobilizarse cara ao imperio: os (tracios, dalmacios) ou fóra deste (xermanos, celtas, magyares) ben por vontade dos exércitos romanos ou para fuxir do empuxe dos inimigos destes.

Xa en épocas máis recentes diversos grupos étnicos víronse obrigados a longas mobilizacións debido ao empuxe das invasións islámicas da baixa idade media, e ata posteriormente poboacións enteiras gregas, albanesas e do antigo Imperio Bizantino víronse forzadas a retirarse das súas fronteiras naturais cara ao nordés de Europa debido aos encontros entre os exercitos Cruzados e os otománs.

En Rusia a deportación de prisioneiros políticos ou persoas simplemente incómodas cara a Siberia foi práctica común desde a época de Iván Grozny e proseguiu ata a era soviética.

Durante a Primeira Guerra Mundial, a poboación Armenia da provincia de Anatolia sufriu deportaciones masivas e accións xenocidas.

Durante a Segunda Guerra Mundial a maquinaria criminal nazi levou a cabo o exterminio xudeu realizado nunha parte moi importante tras a deportación das vítimas desde os lugares de orixe aos campos e centros de exterminio situados na Polonia ocupada. Os nazis deportaron tamén a outros grupos étnicos, políticos e sociais ao longo de toda a Europa ocupada por eles como medida de represión á vez que os utilizaban como man de obra escrava.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]