Joseph Pulitzer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
JosephPulitzerPinceNeznpsgov.jpg

Joseph "Joe" Pulitzer, nado o 10 de abril de 1847 en Makó, Hungría, e finado o 29 de outubro de 1911 en Carolina do Sur, foi un editor estadounidense lembrado hoxe polos premios xornalísticos que levan o seu nome, os Premios Pulitzer. Así mesmo, foi un dos iniciadores da chamada prensa amarela, xunto con William Randolph Hearst.