Rebecca West

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rebecca West.

Cecily Isabel Fairfield, nada en Londres o 21 de decembro de 1892 e finada na mesma cidade o 15 de marzo de 1983, foi unha escritora e xornalista de orixe irlandesa, coñecida polo pseudónimo Rebecca West.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Acadou sona grazas ás súas novelas, ensaios e libros de viaxes e mais pola súa relación sentimental con H. G. Wells que durou dez anos e deu por froito un fillo, Anthony West, nado en 1914. Escribiu para os xornais The New Yorker, The New Republic, The Sunday Telegraph e The New York Herald Tribune. Tamén foi unha importante correspondente de The Bookman.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]