Louise Michel
Louise Michel, nada en Haute Marne o 29 de maio de 1830 e finada en Marsella o 9 de xaneiro de 1905, foi unha activa loitadora da Comuna de París, educadora popular, feminista e unha das figuras máis importantes do anarquismo francés.
Traxectoria[editar]
Era filla natural dunha serventa, recibiu educación e converteuse en mestra. En 1869 era secretaria da Sociedade Democrática de Moralización que tiña por finalidade axudar aos traballadores. Durante a Comuna de París, en 1871, animou o Club da Revolución e as súas milicias, comandando un batallón feminino que se enfrontou aos reaccionarios nas barricadas de París. Condenárona a dez anos de desterro logo de declarar no xuízo que se lle seguiu:
- Non me quero defender. Pertenzo de maneira total á revolución social. Declaro aceptar a responsabilidade dos meus actos.(...) Xa que, segundo parece, todo corazón que loita pola liberdade só ten dereito a un pouco de chumbo, esixo o meu parte. Se me deixades vivir, non cesarei de clamar vinganza e de denunciar, en vinganza dos meus irmáns, aos asasinos desta Comisión.
Deportada a Nova Caledonia, colaborou con quen loitaban pola independencia política desa colonia francesa. Dous anos logo do seu regreso a Francia en 1881, foi procesada por encabezar unha manifestación de desocupados que culminou cunha expropiación de comercios. Obtivo unha nova condena de seis anos de prisión. Finalmente, morreu en 1905 mentres daba unha conferencia para traballadores en Marsella. Escribiu Memorias da Comuna, en 1898 e, á súa morte, foi enterrada envolvida no estandarte da Comuna de París.
| Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos, etc, contidos neste artigo, deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Entre as súas novelas e dramas sociais destacan:
- A miseria.
- Os desesperados.
- Os fillos do pobo.
- Os microbios humanos.
- Os delitos dunha época.