John Stuart Mill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Stuart Mill
Nacemento20 de maio de 1806 e 1806
Lugar de nacementoIslington
Falecemento8 de maio de 1873 e 1873
Lugar de falecementoAviñón
Causaerisipela
SoterradoCimetière Saint-Véran
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
EtniaPobo inglés
Relixiónateísmo
Alma máterUniversity College de Londres
Ocupaciónfilósofo, economista, político, autobiógrafo, escritor, Igualitarismo, oficinista e sufraxista
PaiJames Mill
CónxuxeHarriet Taylor Mill
Coñecido porA Liberdade, Autobiography e Considerations on Representative Government
Premioshonorary doctor of the University of Vienna, Honorary Fellow of the Royal Society of Edinburgh e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences
Na rede
WikiTree: Mill-214 Find a Grave: 8534586 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
John Stuart Mill.

John Stuart Mill, nado en Londres o 20 de maio de 1806 e finado en Aviñón o 8 de maio de 1873, foi un filósofo, economista e político inglés, un dos pensadores liberais máis influentes do século XIX. Harriet Taylor Mill é posíbel coautora de parte da súa obra.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Essays on economics and society, 1967

Fillo do filósofo e historiador escocés James Mill, de tendencia liberal radical, recibiu unha educación rigorosa, estudou grego aos tres anos e despois latín, filosofía, álxebra e lóxica. O seu pai pretendía que o neno puidese liderar a causa do utilitarismo no futuro. Entre 1820 e 1821 viviu en Francia con Samuel Bentham e á volta a Inglaterra ingresou na East India Company. En 1823 fundou con Jeremy Bentham a revista Westminster Review para a difusión do pensamento democrático radical.

Moi influído polo pensamento de Auguste Comte e Alexis de Tocqueville, o seu primeiro libro importante foi A System of Logic (1843), ao que seguiu ao ano seguinte os Essays on Some Unsettled Questions of Political Economy. En 1848 publicou Principles of Political Economy. On Liberty publicouna en 1859 como unha resposta a De la démocratie en Amérique de Tocqueville, sostén que o individuo é libre por natureza e que os dereitos existen só para asegurar a liberdade. En 1869 publicou The Subjection of Women, que marca o comezo do feminismo liberal.

Filosofía[editar | editar a fonte]

O utilitarismo, defendido por Mill, baséase en que aquilo que resulta útil e práctico para acadar a felicidade é bo. Segundo o filósofo, dado que as persoas desexan a felicidade, deben asegurarse todos os medios que lles axuden a cumprir este obxectivo. Por felicidade, Mill entende, ao igual que os epicúreos, o pracer, entendido fundamentalmente como a ausencia de dor.

É importante subliñar que tal idea da felicidade non ten connotacións egoístas, senón altruístas, é dicir, o ben dos demais é tan importante ou máis que o ben propio. Por iso mesmo, o que Stuart Mill pretende co seu utilitarismo é buscar un modelo de felicidade válido para o maior número posíbel de persoas. É por iso que o seu pensamento afonda na relación existente entre ética, política e economía. O filósofo inglés pensa que para que todo o mundo teña acceso á felicidade é básico mellorar as súas condicións sociais debidas (sanidade, educación, cultura, liberdade etc). No caso de que a felicidade individual entre en contradición coa felicidade do colectivo, Mill recomenda a renuncia e o sacrificio do ben individual en favor do ben xeral.

É un dos primeiros autores que defende a idea de "estado de benestar", é dicir, a idea de que a función principal do estado e da política é, e debe ser, procurar garantir as mellores condicións de vida posíbeis para os seus cidadáns. Ademais, Mill foi o primeiro que defendeu na cámara dos comúns ideas coma o sufraxio universal, a igualdade de dereitos da muller, e máis a axuda estatal para o desempregados.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]