Patriotismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alegoría do Patriotismo (F. Pérez) no Monumento os Héroes do Dous de Maio de Madrid (España).

Emprégase o termo patriotismo para referise ao amor e/ou devoción polo país dun. A palabra provén do grego patris. Non obstante, trátase dun termo conflitivo que ten mudado o seu significado co correr das épocas, dependendo o seu sentido nun alto grao do contexto imperante. Distínguese o patriotismo do chauvinismo en que o patriotismo non ten connotacións forzosamente negativas. Así mesmo, o patriotismo distínguese tamén do nacionalismo en que este último termo fai referencia a unha ideoloxía política.