The New Yorker
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The New Yorker é unha revista estadounidense semanal que publica críticas, ensaios, reportaxes de investigación e ficción. Aínda que se concentra preferentemente na vida social de Nova York, The New Yorker ten unha ampla audiencia fóra desta cidade debido á calidade dos seus xornalistas. É cosmopolita, cun carácter urbano acentuado pola súa sección "Talk of the Town", cos seus comentarios sobre a vida en Nova York, a cultura popular e as excentricidades norteamericanas, e o seco enxeño dos seus sketches e famosas viñetas. Un dos seus coñecidos colaboradores foi Truman Capote.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- The New Yorker (en inglés)