Estética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A estética é a rama da filosofía interesada pola arte e a beleza en xeral. A palabra deriva das voces gregas αἰσθητική (aisthetikê) «sensación, percepción», de αἴσθησις (aisthesis) «sensación, sensibilidade», e -ικά (ica) «relativo a».

Aínda que o interese polo artístico e a reflexión acerca del son tan antigos coma o ser humano, como disciplina filosófica ten unha orixe recente (s. XVIII), sendo o nome elixido por Baumgarten na súa obra de 1750. Outros autores denominárona caloloxía, de kalos (belo).

A estética é a ciencia que estuda e investiga a orixe sistemática do sentimento puro e a súa manifestación, que é a arte, segundo Kant na súa Crítica do xuízo. Pódese dicir que é a ciencia que reflexiona sobre os problemas da arte.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]