Carl von Linné

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Carolus Linnaeus")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Carl von Linné
Carl von Linné.jpg
Retrato de Carl von Linné pintado por Alexander Roslin en 1775. Oleo sobre tela exposto actualmente no Castelo de Gripsholm
Datos persoais
Nacemento 23 de maio de 1707[a 1]
Lugar Råshult Småland Suecia Suecia
Falecemento 10 de xaneiro de 1778
(70 anos)
Lugar Uppsala
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Suecia
Nacionalidade
Etnia
Cóncuxe
  • Sara Elisabeth Moræa
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por sentar as bases da taxonomía moderna.
Influído por
Influíu en
Premios

Linne autograph.svg

autor do nome científico: L
Escudo de armas de Carl von Linné

Carl Linnaeus [a 2], (en sueco: Carl Nilsson Linæus, latinizado como Carolus Linnaeus,[a 3] tamén coñecido logo do seu ennobrecemento como Carl von Linné), nado o 23 de maio[a 1] de 1707 en Råshult, na provincia de Småland, Suecia, e finado o 10 de xaneiro de 1778 en Uppsala, foi un científico, médico, botánico e zoólogo sueco que estableceu os fundamentos para o esquema moderno da nomenclatura binomial. É considerado o fundador da moderna taxonomía, e tamén é recoñecido como un dos pais da ecoloxía moderna.

Linné realizou unha gran parte dos seus estudos superiores na Universidade de Uppsala e, cara a 1730, empezou a dar conferencias de botánica. Viviu no estranxeiro entre 1735-1738, onde estudou e publicou unha primeira edición da súa Systema Naturae nos Países Baixos. De volta a Suecia converteuse en profesor de botánica en Uppsala. Durante a década de 1740, realizou varias expedicións a través de Suecia para colleitar e clasificar plantas e animais. Durante as décadas de 1750 e 1760, continuou recollendo e clasificando animais, plantas e minerais, publicando varios volumes sobre o tema.

No momento da súa morte, era recoñecido como un dos científicos máis importantes en toda Europa. O filósofo suízo Jean-Jacques Rousseau envioulle a mensaxe: "Dígalle que non coñezo a un home máis grande na terra".[1] O escritor alemán Goethe escribiu: "Coa excepción de Shakespeare e Spinoza, non coñezo a ninguén, entre os que xa non viven, que me influíu máis intensamente".[1] O autor sueco Strindberg escribiu: "Linné era en realidade un poeta que se converteu en naturalista".[2] Entre outros cumpridos, Linné foi chamado "Princeps Botanicorum" ("Príncipe de Botánicos"), "O Plinio do Norte" e "O Segundo Adán".[3]Así mesmo, é considerado heroe nacional de Suecia.[4]

O 1959, Linné foi designado lectotipo de Homo sapiens,[5] cousa que significa que segundo as regras de nomenclatura, Homo sapiens foi definido de xeito válido como a especie de animal á cal pertencía Linné.

Se ignoras o nome das cousas, desaparece tamén o que sabes delas.
Carl von Linné.[6]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Infancia[editar | editar a fonte]

Casa natal de Linné en Råshult.
A afección temperá de Linné polas flores reflíctese no seu traballo, a Linnaea borealis converteríase no seu emblema persoal.

Carl Nilsson Linné naceu en Råshult, Småland, Suecia o 23 de maio de 1707. Era o primeiro fillo de Nils Ingemarsson Linnaeus (1674-1748) e Christina Brodersonia (1688-1733). Os antepasados de Nils foron campesiños ou sacerdotes durante moitas xeracións. O seu pai, Nils, era un botánico afeccionado, un ministro do Luteranismo, e o cura do pequeno pobo de Stenbrohult, en Småland. A súa nai, Christina, era a filla do reitor de Stenbrohult, Samuel Brodersonius. Despois de Carl tiveron tres fillas e outro fillo, chamado Samuel, que sucedería finalmente ao seu pai como reitor en Stenbrohult e escribiría un manual sobre apicultura.[7][8][9] Un ano despois do nacemento de Carl Linné, morreu o seu avó, Samuel Brodersonius, e o seu pai, Nils, convertíase no reitor de Stenbrohult. Así, Linné e os seus pais trasladáronse ó reitorado deixando a casa do cura onde viviran.[10][11]

Ata nos seus primeiros anos Linné parecía mostrar unha atracción polas plantas e as flores en particular. Cando estaba preocupado ou enfadado dábanlle unha flor e inmediatamente acougábase. Nils pasaba moito tempo no seu xardín e a miúdo mostraba flores a Linné, ensinándolle os seus nomes.[11] Pronto Linné tivo a súa propia parcela de terra no xardín do seu pai onde podía cultivar plantas.[12]

Educación básica[editar | editar a fonte]

O seu pai comezou a ensinar a Linné latín, relixión e xeografía desde pequeno, pero cando Linné tiña sete anos considerou que era mellor que tivese un educador. Os seus pais elixiron a Johan Telander, o fillo dun "yeoman" local (un granxeiro). Telander non era apreciado por Linné quen máis tarde escribiría na súa autobiografía que Telander "era mellor extinguindo o talento dun neno que desenvolvéndoo".[12] Dous anos despois de que comezase o ensino foi enviado ao Instituto elemental en Växjö.[13] Linné raramente estudaba, en cambio a miúdo íase ao campo para buscar plantas. Con todo conseguiu chegar ao último ano da escola elemental cando tiña quince anos, en 1717. Este curso era impartido polo director de escola primaria, Daniel Lannerus, quen estaba interesado pola botánica. Lannerus deuse de conta do interese de Linné pola botánica e deulle clases no seu xardín. Tamén lle presentou a Johan Rothman, que era o doutor estatal de Småland e profesor no instituto de Växjö. Rothman, que para ser doutor naquela época tamén era botánico, profundou o interese de Linné pola botánica e axudoulle a desenvolver o interese pola medicina.[12][13]

En 1724 logo de pasar os últimos sete anos no instituto, Linné entrou no Instituto de Växjö. No ximnasio estudábase principalmente teoloxía, grego, hebreo e matemáticas, un currículo deseñado para alguén que aspirase a ser sacerdote.[13][14] No último ano no instituto, Nils, o pai de Carl Linné, visitouno para preguntar aos seus profesores como estaban progresando os estudos de Linné, para a súa sorpresa a maioría deles díxolle que "Linné nunca sería un bo estudante". Con todo, Rothman estaba convencido e suxería que Linné podería ter un futuro en medicina. Rothman tamén se ofreceu a dar casa a Linné en Växjö e ensinarlle fisioloxía e botánica. Nils moi agradecido aceptou esta oferta. [15][16]

Universidade[editar | editar a fonte]

Estatua na Universidade de Lund

Lund[editar | editar a fonte]

Rothman mostrou a Linné que a botánica era un tema serio e non un simple entretemento. Ensinaba a Linné a clasificar plantas segundo o sistema de Tournefort. Linné tamén se formou sobre a sexualidade das plantas segundo Sébastien Vaillant.[15] En 1727 Linné, con 21 anos, matriculouse na Universidade de Lund en Escania. [17][18] Linné tivo tutoría e aloxamento do doutor local Kilian Stobaeus. Alí podía usar a biblioteca do doutor, que tiña moitos libros sobre botánica, e contaba con acceso libre ás conferencias que impartía o propio Stobaeus. [19][20] Nos seu tempos libre, Linné exploraba a flora de Escania xunto cos estudantes que compartían os mesmos intereses.[20]

Uppsala[editar | editar a fonte]

En agosto de 1728 Linné decidiu irse á Universidade de Uppsala por consello de Rothman quen cría que sería a mellor elección tanto se Linné quería estudar medicina como botánica. Rothman baseaba esta recomendación nos dous profesores que ensinaban na facultade médica de Uppsala: Olof Rudbeck o xoven e Lars Roberg. Tanto Rudbeck como Roberg foran indubidablemente bos profesores, pero naquela época xa eran maiores e estaban pouco interesados en ensinar. Rudbeck, por exemplo, deixou de dar conferencias ao público, e permitía que outras persoas menos preparadas o fixesen por el. Así as conferencias de botánica, zooloxía, farmacoloxía e anatomía non se impartían no seu mellor nivel. [21] En Uppsala, Linné atopou un novo benefactor, Olof Celsius. Olof era un profesor de teoloxía e un botánico afeccionado. [22] Olof recibiu a Linné na súa casa e deulle entrada na súa biblioteca, que era unha das bibliotecas botánicas máis completas de Suecia. [23]

En 1729 Linné escribiu a tese Praeludia sponsaliorum plantarum sobre a sexualidade das plantas. Isto chamou a atención de Olof Rudbeck quen en maio de 1730 seleccionou a Linné para empezar a dar conferencias na universidade, aínda que Linné era só un estudante de segundo ano. As conferencias eran moi populares e Linné podíase atopar falando para unha audiencia de 300 persoas.[24] En xuño Linné trasladouse da casa de Celsius á casa de Rudbeck para facer de titor e ensinar aos tres fillos máis pequenos dos 24 que tiña. A súa amizade con Celsius non diminuíu e continuaron indo xunto a expedicións botánicas. [25] Durante aquel inverno Linné empezou a dubidar do sistema de clasificación de Tournefort, e decidiu crear un propio. O seu plan consistía en dividir as plantas polo número de estames e pistilos. Comezou a escribir unhas cantas anotacións que máis tarde se converterían en libros, por exemplo Generalitat plantarum e Critica botanica. Tamén produciu o libro Adonis Uplandicus relativo ás plantas cultivadas no seu xardín. [26]

A anterior axudante de Rudbecks, Nils Rosen, regresou á Universidade en marzo de 1731 xa graduado en medicina. Rosen empezaba a dar conferencias de anatomía e intentaba apropiarse das conferencias de botánica de Linné, cousa que Rudbecks evita. Ata decembro Rosen fixo a tutoría de Linné en medicina. En decembro, Linné tivo un "desacordo" coa muller de Rudbeck e tivo que irse fóra da súa casa, aínda que a relación con Rudbeck parece que quedou indemne. Aquel Nadal Linné regresou a casa en Stenbrohult para visitar aos seus pais por primeira vez en aproximadamente tres anos. Os sentimentos da súa nai por el arrefriáronse desde que decidira non converterse en sacerdote pero sentiose satisfeita cando viu que estaba ensinando na Universidade. [26][27]

Expedición a Laponia[editar | editar a fonte]

Linné co traxe tradicional de saami en Laponia.

Na visita de Linné aos seus pais explicoulles o seu plan para viaxar a Laponia, entón practicamente descoñecida, unha viaxe que Rudbeck fixera unha vez pero os resultados foran destruídos nun incendio en 1702. A esperanza de Linné era atopar novas plantas, animais e posiblemente valiosos minerais. Tamén sentía curiosidade polos costumes dos nativos saami, uns pastores de renos nómades que deambulaban polas grandes tundras de Escandinavia. En abril de 1732 outorgóuselle a Linné unha subvención da Real Sociedade de Ciencias de Uppsala para custear a expedición. [28][29] Linné comezou a súa viaxe o 22 de maio. Fíxoo a pé e a cabalo, levando con el o seu diario, manuscritos botánicos e ornitolóxicos e follas para herborizar plantas. Levoulle 11 días chegar ao seu primeiro obxectivo, Umeå, baixaba do cabalo sempre que podia para examinar unha flor ou unha rocha. [30]Estaba especialmente interesado nos brións e liques, este último é unha parte importante na alimentación dos renos, un animal común en Laponia. [31] Despois, chegou a Gävle onde atopou grandes cantidades de Campanula serpyllifolia, unha planta rastreira e perenne que se convertería na favorita de Linné, máis tarde rebautizada como Linnaea borealis. [32]

Logo de estar en Gävle, Linné comezou a viaxar cara a Lycksele, unha cidade fóra da costa máis afastada do que nunca viaxara ata entón, examinando patos no camiño. Logo de cinco días chegou á cidade onde quedou xunto cun pastor e a súa esposa.[32] A principios de xuño volveu a Umeå logo de pasar algúns días en Lycksele onde aprendeu máis sobre os costumes dos saami. [33] Desde Umeå viaxou cara ao norte ás montañas escandinavas pasando por Old Luleå, onde recibiu un chapeu de muller saami. [34] Cruzou a fronteira con Noruega en Sørfold, a uns 300 km de Old Luleå. [35] Posteriormente viaxou a Kalix onde aprendeu sobre os ensaio químicos metalurxicos, e a metade de setembro comezou a súa viaxe de regreso a Uppsala, viaxando a través de Finlandia e collendo o barco a Turku. Chegou o 10 de outubro, en total unha viaxe de seis meses de duración e uns 2.000 km, onde reuniu e observou innumerable cantidade de plantas, aves e rochas. [36][37][38] Aínda que Laponia era unha rexión sen moita biodiversidade Linné atopou e describiu un centenar de plantas previamente descoñecidas. Os seus descubrimentos máis tarde serían a base do libro, Flora lapponica. [11][39]

Dalarma[editar | editar a fonte]

En 1734 Linné viaxou a Dalarna dirixindo un pequeno grupo de estudantes. O viaxe foi financiado polo gobernador de Dalarna para catalogar recursos naturais coñecidos e descubrir outros novos, pero tamén para que recollera información das actividades da minería norueguesas en Røros.

Excursións europeas[editar | editar a fonte]

Cidades onde Linné traballou. Visitou o estranxeiro entre 1735 e o 1738

Doutoramento[editar | editar a fonte]

De regreso a Uppsala, as relacións de Linné con Nils Rosen empeoraron e amablemente aceptou unha invitación do estudante Claes Sohlberg para pasar as vacacións de Nadal coa súa familia en Falun. O pai de Sohlberg era un inspector de minería e levou a Linné a visitar as minas próximas a Falun. [40] O pai de Sohlberg suxeriu a Linné levar ao seu fillo aos Países Baixos e continuar ensinándolle alí por un soldo anual. Naquela época Holanda era un dos lugares máis venerados para estudar historia natural e un lugar habitual para que os suecos fixesen o seu doutoramento. Linné, que estaba interesado en ambos, aceptou. [41]

Imaxe da hidra de Hamburgo, sacada do Thesaurus de Albertus Seba

En abril de 1735 Linné e Sohlberg fóronse aos Países Baixos. Linné obtivo o grao de doutor en medicina na Universidade de Harderwijk. [42] No camiño detívose en Hamburgo onde tiveron un encontro co alcalde, quen orgullosamente mostroulles unha marabilla da natureza que posuía: os restos embalsamados dunha hidra de Lerna de sete cabezas. Linné enseguida viu que era falsa e que se trataba en realidade de mandíbulas e pés de comadrexas pegadas a peles de serpes. A procedencia da hidra fixo pensar a Linné que fora fabricada por monxes para representar a besta do Apocalipse. Aínda que isto podía preocupar o alcalde, Linné fixo públicas as súas observacións e o soño do alcalde de vender a hidra por unha suma enorme, arruinouse completamente. Tendo medo da súa ira, Linné e Sohlberg fóronse de Hamburgo rapidamente. [43][44] Cando Linné chegou a Harderwijk, inmediatamente comezou a realizar os seus estudos de grao. Primeiro presentou unha tese sobre a causa da malaria que escribira en Suecia. A continuación defendeu a súa tese nun debate público. O próximo paso foi un exame oral e diagnosticar a un paciente. Tras menos de dúas semanas obtivo a súa graduación e convirtiose en doutor aos 28 anos. [43][45]

Durante o verán, Linné atopou un amigo de Uppsala, Peter Artedi. Antes da súa saída de Uppsala, Artedi e Linné decidiran que se un deles morrese, o sobrevivente debería terminar o traballo do outro. Dez semanas despois, Artedi afogou nunha das canles de Ámsterdan e o seu manuscrito inacabado sobre a clasificación dos peixes quedou en mans de Linné para completalo. [46][47]

Publicación de Systema Naturae[editar | editar a fonte]

Portada da décima edición de Systema Naturae de Linné (1758).

Un dos primeiros científicos que Linné coñeceu nos Países Baixos foi Jan Frederik Gronovius a quen mostrou un dos seus manuscritos que trouxera con el desde Suecia. O manuscrito describía un sistema novo de clasificación das plantas. Cando Gronovius o vio quedou moi impresionado, ofrecéndose a axudarlle a custear a súa impresión. Cunha contribución monetaria adicional do doutor escocés Isaac Lawson, o manuscrito publicouse baixo o nome de Systema Naturae. [47][48] Linné familiarizouse cun dos médicos e botánicos máis respectado dos Países Baixos, Herman Boerhaave, que intentou convencer a Linné de facer carreira no seu país. Boerhaave ofreceulle unha viaxe a Sudáfrica e América, pero Linné escusouse manifestando que non soportaba a calor. Boerhaave suxeriulle visitar ao botánico Johannes Burman o que Linné fixo. Tras a visita de Carl Linné, Burman quedou impresionado co coñecemento do seu invitado e decidiu que Linné quedaría con el durante o inverno. Durante a súa estancia Linné axudou a Burman coa súa Thesaurus Zeylanicus. Burman tamén axudou a Linné cos libros en que estaba traballando: Fundamenta Botanica e Bibliotheca Botanica. [49]

O seu título completo é Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis, traducido como: "Sistema natural, en tres reinos da natureza, segundo clases, ordes, xéneros e especies, con características, diferenzas, sinónimos, lugares". A décima edición deste libro é considerada o punto de partida da nomenclatura zoolóxica.[50]

George Clifford[editar | editar a fonte]

En agosto, durante a estancia de Carl Linné con Burman, coñeceu a George Clifford III, un director da Compañía Holandesa das Indias Orientais e propietario dun xardín botánico preto de Hartecamp en Heemstede. Clifford quedou moi impresionado coa habilidade de Linné para clasificar plantas e invitoulle a converterse no seu médico e encargado do seu xardín. Linné xa aceptara quedar con Burman durante o inverno e non podía aceptar inmediatamente a invitación. Con todo, Clifford ofreceuse a compensar a Burman ofrecéndolle unha copia da Natural History of Jamaica de Sir Hans Sloane, que era un libro raro, se Linné aceptaba quedar con el. [51] Burman aceptou. [52]O 24 de setembro de 1735 Linné converteuse no conservador botánico e médico persoal de Hartecamp, libre para comprar calquera libro ou planta que quixese.[52]

Forma de follas doHortus Cliffortianus

En xullo de 1736 Linné viaxou a Inglaterra, cos gastos pagados por Clifford. [53] Foise a Londres para visitar a Sir Hans Sloane, un coleccionista de Historia natural, e observar a súa colección. Outra razón para a súa viaxe a Inglaterra era visitar o Chelsea Physic Garden e o seu conservador, Philip Miller. Presentou a Miller o seu novo sistema de clasificación de plantas que estaba descrito en Systema Naturae. Miller quedou impresionado e desde entón comezou a dispor o xardín botánico segundo o sistema de Linné.[54] Linné tamén viaxou á Universidade de Oxford para visitar ao botánico Johann Jacob Dillenius. Fracasou en conseguir que Dillenius aceptase publicamente o seu novo sistema de clasificación. Entón volveu a Hartecamp, levando con el moitos especímenes raros de plantas. [55] Ao ano seguinte publicou Genera Plantarum no que describía 935 xéneros de plantas de xeito breve e complementado posteriormente con Corollarium Generum Plantarum, con sesenta xéneros máis.[56]

O seu traballo en Hartecamp conduciu á publicación dun novo libro Hortus Cliffortianus, un catálogo dos artigos botánicos do herbario e do xardín botánico de Hartecamp, escrito en nove meses e completado en xullo de 1737 pero non foi publicado ata 1738.[49]

Linné quedou con Clifford en Hartecamp ata o 18 de outubro de 1737 cando dexesaba abandonar a casa para regresar a Suecia pero unha enfermidade e a amabilidade dos amigos holandeses fixeron que quedase algúns meses máis en Holanda. En maio de 1738 marchouse a Suecia. No camiño detívose en París ao redor dun mes, visitando botánicos como Antoine de Jussieu. Tras a súa volta, Linné nunca máis volvera a marcharse de Suecia.[57][58]

Regreso a Suecia e voda[editar | editar a fonte]

Retrato de Linné durante a súa voda con Sara Elisabeth Moræa.[59]

O 28 de xuño de 1738 Linné regresou a Suecia e foise a vivir a Falun onde formalizou a súa relación con Sara Elisabeth Moræa. Tres meses máis tarde trasladouse a Estocolmo para atopar traballo como médico e así poder manter á súa futura familia.[60][61] Unha vez máis Linné atopou un patrón interesado no seu traballo, contactou co conde Carl Gustaf Tessin quen axudou a Linné a ter traballo como médico no Almirantado. [62][63] Durante esta estancia en Estocolmo Linné axudou a fundar a Real Academia das Ciencias de Suecia, converténdose no primeiro praeses[a 4] da academia por sorteo. [64]

Cando a súa economía mellorara e xa era suficiente para ter unha familia, conseguiu permiso para casar coa súa parella, Sara Elisabeth Moræa. A súa voda foi o 26 de xuño de 1739. Sete meses máis tarde, Sara daba a luz ao seu primeiro fillo, chamado tamén Carl quen seguira os pasos de seu pai. Dous anos máis tarde nacía unha filla, Elisabeth Christina, e o seguinte ano Sara tiña a Sara Magdalena que morreu aos 15 días. Sara e Linné terían máis tarde outros catro fillos: Lovisa, Sara Christina, Johannes e Sophia. Johannes morreu antes de chegar aos tres anos. [60][59]

A casa de Linné en Uppsala

En maio de 1741 Linné era nomeado profesor de medicina na Universidade de Uppsala, inicialmente con responsabilidade sobre temas relacionados co a medicina. Pronto cambiou o lugar con outro profesor, Nils Rosen, e así conseguiu a responsabilidade sobre o xardín botánico (que reconstruira minuciosamente e ampliara), a secións de botánica e a de historia natural. En outubro dese mesmo ano a súa esposa e o seu fillo maior de nove anos trasladáronse a vivir con el en Uppsala. [65]

Exploración complementaria de Suecia[editar | editar a fonte]

Öland e Gotland[editar | editar a fonte]

Dez días logo de ser nomeado profesor iniciou unha expedición ás provincias insulares de Öland e Gotland, con seis estudantes da universidade, para buscar plantas útiles en medicina. Primeiro viaxaron a Öland onde estiveron ata o 21 de xuño e despois navegaron ata Visby e Gotland. Linné e os estudantes quedaron en Gotland ao redor dun mes volvendo a continuación a Uppsala. Durante esta expedición descubriron unhas 100 especies de plantas aínda non rexistradas. As observacións da expedición foron posteriormente publicadas en Öländska och Gothländska Reza, escrito en sueco. Como no caso de Flora lapponica, o libro contén tanto observacións zoolóxicas como botánicas, así como observacións sobre a cultura en Öland e Gotland. [66][67] Durante o verán de 1745 Linné publicou dous libros máis: Flora Suecica e Faunas Suecica. Flora Suecica era un libro estritamente botánico mentres Fauna Suecica era zoolóxico. [60][68] En 1742 Anders Celsius creara a escala de temperatura que leva o seu nome. A escala Celsius funcionaba inversamente a como a coñecemos hoxe en día, o punto de ebulición era 0 ° C e o punto de conxelación era a 100 ° C. En 1745 Linné invertiu a escala no seu formato actual. [69]

Västergötland[editar | editar a fonte]

Durante o verán 1746 Linné volveu ser enviado polo goberno para que fixese unha expedición, esta vez na provincia sueca de Västergötland. Saíu desde Uppsala o 12 de xuño e volveu o 11 de agosto. Na expedición, o seu principal compañeiro era Erik Gustaf Lidbeck, un estudante que lle acompañou na súa viaxe previa. Linné describiu os descubrimentos da expedición no libro Wästgöta-Reza, publicado ao ano seguinte. [66][70] Logo de regresar de viaxe, o goberno decidiu que Linné debería aceptar outra expedición na provincia meridional de Escania. Esta viaxe aprazouse debido á gran cantidade de traballo que tiña Linné.[60] En 1747 a Linné outorgóuselle o título de arquiatre, ou médico principal do rei sueco Adolfo Federico, un cargo de gran prestixio. [71] O mesmo ano foi elixido membro da Academia de Ciencias de Berlín. [72]

Escania[editar | editar a fonte]

Na primavera de 1749 Linné puido finalmente viaxar a Escania, comisionado de novo polo goberno. Con el levou ao seu estudante Olof Söderberg. No camiño a Escania fixo a última visita aos seus irmáns e irmás en Stenbrohult que non había mirado desde a morte do seu pai o ano anterior. A expedición era similar ás viaxes previas na maioría dos aspectos, pero esta vez tamén se lle ordenou que atopase o mellor lugar de cultivo para nogueiras e sorbeiras suecas, árbores que soen ser utilizados polos militares para fabricar rifles. A viaxe tivo éxito e as observacións de Linné foron publicadas o ano seguinte en Skånska resan ("A viaxe a Escania"). [73][74]

Reitor da Universidade de Uppsala[editar | editar a fonte]

O xardín de Linné

En 1750 Linné convertíase en reitor da Universidade de Uppsala, comezando un período onde especificamente se apreciaban as ciencias naturais.[60] Quizais a contribución máis importante de Linné durante a súa permanencia en Uppsala foi o ensino; moitos dos seus estudantes viaxaron a diversos lugares do mundo para recoller mostras botánicas. Linné chamaba aos mellores destes estudantes "os seus apóstolos". [75] As súas conferencias eran normalmente moi populares e impartíanse a miúdo no xardín botánico. Intentaba ensinar aos estudantes a pensar e non confiar en ninguén, nin sequera nel. Ata máis popular que as conferencias eran as excursións botánicas realizadas todos os sábados durante o verán onde Linné e os seus estudantes exploraban a flora e a fauna das proximidades de Uppsala. [76]

Publicación de Species Plantarum[editar | editar a fonte]

En 1751, Linné publicou Philosophia Botanica. O libro contiña un estudo completo do sistema de taxonomía que Linné había estado usando nos seus traballos anteriores. Tamén contiña información de como redactar un diario de viaxes e como manter un xardín botánico. [77]

En 1753, Linné publicou Species Plantarum, o traballo foi aceptado internacionalmente como o comezo da nomenclatura botánica moderna xunto co seu traballo anterior Systema Naturae. O libro, que describía máis de 7.300 especies, tiña 1.200 páxinas e publicouse en dous volumes.[50][78] O mesmo ano foi nomeado cabaleiro da Orde da Estrela Polar polo rei Adolfo Federico. Linné era o primeiro civil en Suecia en converterse en cabaleiro desta orde. Desde entón, raramente deixou de lucir a distinción. [79]

Museo e ennobrecemento[editar | editar a fonte]

Casa de verán de de Linné en Hammarby

Linné sentía que Uppsala era demasiado ruidosa e insalubre e comprou dúas granxas en 1758: Hammarby e Sävja.[74] Ao ano seguinte comprou unha granxa na veciña Edebo. Xunto coa súa familia pasaba os veráns en Hammarby, primeiro só nunha casa pequena dun piso que ampliaria en 1762 cun edificio principal novo, máis grande. [[80] En Hammarby, Linné fixo un xardín onde cultivar plantas que non se podían cultivar no xardín botánico de Uppsala. Comezou a construír un museo nun outeiro detrás de Hammarby en 1766 onde trasladou a súa biblioteca e unha colección de plantas. A razón do traslado foi un incendio que destruíu case un terzo de Uppsala e a residencia de Linné fora ameazada. [81] Hoxe en día, esta residencia de Linné forma parte do casarío preto de Uppsala, coñecido en sueco como "Linnés Hammarby."

Desde a publicación inicial de Systema Naturae en 1735 o libro fora ampliado e reimpreso varias veces, a décima edición lanzouse en 1758. Esta edición establecíase como o punto de partida para a nomenclatura zoolóxica, o equivalente de Species Plantarum. [50][82]

O rei sueco Adolf Federico concedeu a Linné o rango de nobre en 1757, pero non foi efectivo ata 1761. Tomou o nome de "von Linné", converténdose en "Carl von Linné" (Latinizado é Carolus a Linné). 'Linné' é unha versión acurtada e un galicismo de ' Linnæus', e o título alemán ' von ' significa o seu ennobrecemento. O escudo de armas nobiliario da familia presenta, de forma preeminente, unha Linnaea, unha das plantas favoritas de Linné, e que Gronovius deulle o nome científico de borealis Linnaea na súa honra. O escudo de armas divídese en terzos: vermello, negro e verde polos tres reinos da natureza (animal, mineral e vexetal) na clasificación de Linné, no centro hai un ovo "para denotar a Natureza, que é continuada e perpetuada in ovo". No inferior hai unha frase en latin, tomada do poema épico latino da Eneida, que di "FAMAM EXTENDERE FACTIS": ampliamos a nosa fama segundo os nosos feitos.[83][84][85]

Derradeiros anos[editar | editar a fonte]

Tumba de Carl Linné xunto co seu fillo Carl Linné o xoven na Catedral de Uppsala.

Linné foi relevado das súas obrigacións na Real Academia das Ciencias de Suecia en 1763, pero, continuou o seu traballo con normalidade durante máis de dez anos.[60] En decembro de 1772 Linné dimitiu como reitor na Universidade de Uppsala principalmente porque a súa saúde estaba empezando a minguar. [58][86] Os últimos anos de Linné foron duros debido á súa saúde. Sufriu unha enfermidade chamada a febre de Uppsala en 1764 á que sobreviviu grazas ao coidado de Rosen. Sufriu ciática en 1773 e ao ano seguinte tivo un ataque de apoplexía que o deixaría parcialmente paralítico. [87] En 1776 sufriu un segundo ataque de apoplexía que lle facía perder o uso do seu lado dereito e afectoulle a súa memoria. Aínda que era capaz de admirar os seus propios escritos, non podía recoñecer que el fose o autor. [88][89]

En decembro de 1777 tivo outro ataque de apoplexía que o debilitou profundamente, conducíndoo á súa morte o 10 de xaneiro de 1778 en Hammarby.[86][90] A pesar do seu desexo de ser enterrado en Hammarby, déuselle enterro na Catedral de Uppsala o 22 de xaneiro.[91][92]

A súa biblioteca e as coleccións quedaron para a súa viúva Sara e os seus fillos. Tempo antes, o botánico inglés sir Joseph Banks, quixo comprar a colección, pero Carl negouse trasladándoa a Uppsala. Con todo, ao morrer Carl en 1783 Sara intentou vender aos Banks a colección, con todo, esta xa non lles interesaba, aínda que foi adquirida por un coñecido seu. O comprador era James Edward Smith, un estudante de medicina de 24 anos, que se fixo coa colección completa: 14.000 plantas, 3.198 insectos, 1.564 cunchas, aproximadamente 3.000 cartas e 1.600 libros. Cinco anos máis tarde Smith formou a Linnean Society of London. [92][93]

O apelido von Linné terminase co seu fillo Carl junior que non chegou a casarse.[94] O outro fillo, Johannes, morrera cando tiña 3 anos[95] Hai máis de douscentos descendentes por parte de duas fillas.[94]

Apóstolos[editar | editar a fonte]

Pehr Forsskål foi un dos apòstolos que tiverón un destino traxico no estranxeiro.
Dr. Daniel Solander Sir Joseph Banks Capità James Cook Dr. John Hawkesworth John Montagu ''Premer no icono para agrandar a imaxe''
O Dr. Daniel Solander, Sir Joseph Banks, James Cook, o Dr. John Hawkesworth e John Montagu durante a súa viaxe a Australia. Obra de John Hamilton Mortimer.[96]Mover o cursor para identificalos

Durando o período en que Linné foi profesor e reitor da Universidade de Uppsala, ensinou a moitos estudantes leais, dezasete dos cales denominaba "apóstolos." Eran os estudantes máis prometedores e máis comprometidos, e todos eles realizaron expedicións botánicas a varios lugares do mundo, a miúdo coa axuda de Linné. Esta axuda ás veces concretábase na súa influencia como reitor para conseguir un lugar nunha expedición ou unha bolsa de estudos.[97] Daba instrucións á maioría dos apóstolos sobre o que podían atopar durante as súas viaxes. No estranxeiro, os apóstolos recollían e clasificaban novas plantas, animais e minerais seguindo o sistema de Linné. Ao final das viaxes, a maioría compartían as mostras con el.[98] Grazas a estes estudantes, o sistema linné de taxonomía foise estendendo sen que Linné tivese que saír de Suecia.[99] O botánico británico William Thomas Stearn recoñeceu que sen o novo sistema de Linné aos apóstolos non lles seria posible recoller e, aínda máis importante, organizar tantos especímenes novos.[100] Moitos dos apóstolos morreron durante as súas expedicións.

Primeiras expedións[editar | editar a fonte]

Christopher Tärnström, o primeiro apóstolo, era un pastor de 43 anos con esposa e fillos que realizou a súa viaxe en 1746. Embarcou nun barco da Compañía Sueca das Indias Orientais en dirección á China. Tärnström nunca chegou ao seu destino, posto que morreu dunha febre tropical na illa de Côn Sơn o mesmo ano. A viúva de Tärnström culpou a Linné de deixar orfos os seus fillos. A tráxica experiencia de Tärnström fixo que a partir de entón Linné preferise enviar estudantes máis novos e solteiros.[101] Outros seis apóstolos acabarían morrendo en diferentes expedicións, entre os cales hai que destacar Pehr Forsskål e Pehr Löfling.[100]

Dous anos logo da expedición de Tärnström, o finés Pehr Kalm converteuse no segundo apóstolo, viaxando a Norteamérica. Alá pasaría dous anos e medio estudando a flora e a fauna de Pensilvania, Nova York, Nova Jersey e Canadá. Linné estivo moi contento cando Kalm volveu con moitas flores e sementes. Como mínimo 90 das 700 especies norteamericanas descritas dentro da obra Species Plantarum foran traídas por Kalm.[102]

Expedicións de Cook e Xapón[editar | editar a fonte]

Daniel Solander viviu en casa de Linné durante a súa estancia en Uppsala como estudante. Linné tíñalle afecto e concedelle a man da súa filla maior en matrimonio. Seguindo a recomendación de Linné, Solander viaxou no ano 1760 a Inglaterra, onde coñeceu o botánico inglés Joseph Banks. Xuntos uníronse á expedición de James Cook a Oceanía a bordo do Endeavour; partiron en 1768 e volveron no 1771.[103][104] Solander non foi o único apóstolo que viaxou con James Cook; Anders Sparrman tamén foi con el a bordo do Resolution a Oceanía e Sudamérica durante o período 1772-1775. Sparrman faría posteriormente outras moitas expedicións, unha delas a Suráfrica.[105]

O apóstolo máis famoso e exitoso foi posiblemente Carl Peter Thunberg, que en 1770 embarcou nunha expedición que duraría nove anos. quedou tres anos en Suráfrica e despois viaxou ao Xapón. Todos os estranxeiros no Xapón estaban obrigados a permanecer na illa de Dejima, preto de Nagasaki, e Thunberg atopouno difícil para estudar a flora. Aínda así, conseguiu convencer algúns tradutores para que lle trouxesen diferentes plantas, e tamén estudou especimes atopados nos xardíns de Dejima. Desgraciadamente para Linné, non volveu a Suecia ata 1779, un ano logo da súa morte.[106]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Systema Naturae (1758). Versión completa en latín (845 pàg.) en pdf
Táboa do reino animal da primeira edición de Systema Naturae (1735). Obsérvese a ausencia de filos e ordes, na clasificación conxunta de réptiles e anfibios na clase Amphibia, na de todos os artrópodos na clase Insecta e a existencia dunha única clase Vermes para todos os outros invertebrados, entre os cales hai unha familia chamada Reptilia (en latín, os animais que retan ou se arrastran) que inclúe desde as tenias ata os anélidos e as lesmas, pero non os caracois.

Linné está considerado o creador da clasificación dos seres vivos ou taxonomía. Foi el quen propuxo a utilización de dúas palabras en latín, unha representando o xénero, e a outra representando a especie, para bautizar todos os organismos vivos. Desenvolveu un sistema de nomenclatura binomial (1731) que se convertería nun clásico, baseado na utilización dun primeiro termo, coa primeira letra escrita en maiúscula, indicativa do xénero e unha segunda parte, correspondente ao nome específico da especie descrita, escrita en letra minúscula. Doutra banda, agrupou os xéneros en familias, as familias en clases e as clases en reinos.[107] Con anterioridade aos seus traballos existiran xa intentos de introducir certa orde na aparente confusión que supón a inxente proliferación de seres vivos. O primeiro que tratou de establecer unha clasificación foi J. P. de Tournefort (1656-1708) mediante a introdución dun sistema clasificatorio natural baseado na realidade obxectiva das especies, os xéneros e as clases. Case simultaneamente John Ray redactou unha obra monumental, Historia plantarum generalis (1686-1704), na que intentou distribuír dun xeito racional as plantas e definir con precisión, basicamente, a noción de especie a través do establecemento das súas relacións cunha comunidade de orixe.

Os traballos de Tournefort e John Ray tiveron continuidade nas investigacións iniciais de Linné no campo da botánica, que se centraron no estudo dos estames e os pistilos, e que lle induciu a pensar que podería introducir unha nova e mellor clasificación das plantas, baseada no estudo do seu aparello reprodutor. Con todo, ao ter en conta unicamente o carácter da flor, o sistema, ata en opinión do propio autor, resultaba demasiado artificial. Este problema quedou solucionado coa introdución da chamada clasificación binaria, que utilizou para tipificar e clasificar máis de 8.000 especies animais e 6.000 vexetais.

Así mesmo, foi o primeiro científico que utilizou os símbolos do escudo e a lanza de Marte e o espello de Venus para indicar, respectivamente, macho ♂ e femia ♀. Os seus traballos valéronlle a concesión dun título nobiliario no seu país. A publicación da súa obra "As especies das plantas" (Species plantarum) en 1753 considérase o inicio oficial da aplicación da nomenclatura moderna en bioloxía. Defensor do fixismo, e a inmutabilidade das especies e xa que logo contrario á idea da evolución, consideraba que todas se crearon por separado no inicio dos tempos.

Visión filosófica[editar | editar a fonte]

Visión sobre a humanidade[editar | editar a fonte]

Segundo o biólogo alemán Ernst Haeckel a pregunta sobre a orixe do home comezou con Linné. Describiu aos humanos tal e como describía calquera outra planta ou animal, axudando á futura investigación da historia natural do home.[108] El foi o primeiro en colocar aos humanos nun sistema de clasificación biolóxica.

Anthropomorpha[editar | editar a fonte]

Detalle da 6ª edicion de Systema Naturae (1748) describindo Ant[h]ropomorpha unha división entre Homo e Simia.

Na primeira edición de Systema Naturae, ubicaba os humanos como Homo sapiens entre os primates (como se chamaron despois). Durante a súa estancia en Hartecamp tivo a oportunidade de examinar algúns monos, identificando algunhas similitudes entre eles e o home.[75] Sinalaba que as dúas especies basicamente teñen a mesma anatomía e non atopaba ningunha outra diferenza co excepción da fala.[109] Polo tanto, colocou ao home e aos monos baixo a mesma categoría, Antropomorpha, significando «de forma humana».[110] Esta clasificación recibiu críticas doutros botánicos como Johan G. Wallerius e Jacob Theodor Klein e Johann Georg Gmelin que crían que os humanos non se podían colocar baixo a categoría «de forma humana». Tamén lles preocupaba que se puxese ao mesmo nivel que os monos, baixando o home dunha posición espiritualmente máis alta.

A clasificación como tal tamén supuña outro problema para xente relixiosa. A Biblia di que o home foi creado a imaxe de Deus e se se relacionaban monos e humanos interpretaríase que os monos tamén representaban a imaxe de Deus, o que moitos non podían aceptar.[111]

Logo desta crítica, Linné entendeu que tiña que explicarse máis claramente. Na décima edición de Systema Naturae introduciu novos termos, incluíndo Mammalia e Primate, este último en substitución de Antromorpha.[112] A nova clasificación recibiu menos críticas pero moitos historiadores naturistas aínda sentían que o ser humano fora degradado, posto que á súa posición anterior ocupaba un lugar desde onde gobernaba a natureza, en ves de formar parte dela. Pero Linné cría que o home, bioloxicamente, pertencía ao reino animal e, polo tanto, había que clasificalo.[113] No seu libro Dieta Naturalis dicía:[114]

Non se tería que descargar a ira sobre os animais; a teoloxía decreta que o home ten alma e que os animais son simples autómatas mecánicos, pero creo que sería mellor recomendar que os animais teñan alma e que a diferenza sexa a nobreza.

Xente estraña en terras distantes[editar | editar a fonte]

Linné tamén engadiu unha segunda especie de Homo en Systema Naturae, Homo troglodytes ou home das cavernas. Esta inclusión estaba baseada na descrición e ilustración de Bontius (1658) dunha muller indonesia ou malaia e a descrición dun orangután [115] A maioría destas especies humanas novas baseábanse en mitos ou contos de xente que afirmaba ver algo similar a un humano. A maioría destes contos aceptábanse cientificamente e nas primeiras edicións de Systema Naturae moitos animais míticos aparecían incluídos como a hidra, fénix, sátiro e o unicornio. Linné púñaos baixo a categoría Paradoxo, segundo o historiador sueco Gunnar Brobergen foi para ofrecer unha explicación natural e desmitificar o mundo da superstición.[116] Un exemplo diso é que Linné non se conformou con só clasificar, senón tamén tratar de pescudar, por exemplo, se Homo troglodytes existía realmente, polo que pediu á Compañía Sueca de Comercio da India Oriental que buscase un exemplar. Se non o atopaban, polo menos, obter sinais da súa existencia.[117] Brobergen cre que as novas especies humanas descritas por Linné eran de feito monos ou xente nativa que vestía con peles para asustar aos colonos, e que a descrición do seu aspecto foise esaxerando ata chegar a Linné.[118]

En 1771, Linné publicou outro nome para un primate non humano no xénero Homo, 'Homo lar,[119] actualmente Hylobates lar (Linné, 1771), o xibón de mans brancas.

Publicacións principais[editar | editar a fonte]

Systema Naturae[editar | editar a fonte]

A primeira edición de Systema Naturae foi imprimida nos Países Baixos en 1735. Tratábase dun traballo de doce páxinas.[120] Ao editar a súa 10ª edición (1758), contiña 4.400 especies de animais e 7.700 especies de plantas clasificadas. Nela, os nomes difíciles de manexar e moi utilizados, por exemplo "Physalis annua ramosissima, ramis angulosis glabris, foliis dentato-serratis", foron complementados co conciso e agora familiar "binomio", composto polo nome xenérico seguido por un epíteto específico - neste exemplo, Physalis angulata. Estes binomios podían servir como etiqueta para referirse á especie. O sistema posibilitaba unha taxonomía disposta de xeito sinxelo e ordenada. Aínda que o sistema, actualmente coñecido como nomenclatura binomial, fora desenvolvido polos irmáns Bauhin (Gaspard Bauhin e Johann Bauhin) case 200 anos antes, Linné foi o primeiro en usalo consistentemente ao longo da súa obra, tamén en xéneros monoespecificos, e pódese dicir que o popularizou no seo da comunidade científica.

Linné denominou tàxons baseándose no sentido común; por exemplo, os seres humanos son Homo sapiens. Tamén fixo unha breve descrición dunha segunda especie humana, Homo troglodita. Este nome baseábase nunha imaxe e descrición feitos por Bontius en 1658;[121] a imaxe referíase a unha muller de Indonesia ou Malaisia e a descrición dun orangután.[122] O grupo dos mamíferos debe o nome as súas glándulas mamarias, posto que unha das características definitorias dos mamíferos é que aleitan as crías.

Species Plantarum[editar | editar a fonte]

Species Plantarum (ou, máis especificamente, Species Plantarum, exhibentes plantas rite cognitas, ad genera relatas, cum differentiis specificis, nominibus trivialibus, synonymis selectis, locis natalibus, secundum systema sexuale digestas) foi publicado por primeira vez en 1753 como unha obra en dous volumes. A súa gran importancia quizás estea no feito que é o principal punto de partida da nomenclatura botánica tal como existe hoxe en día.

O 1754 Linné dividiu o reino vexetal en 25 clases. Unha delas, a *Cryptogama, incluía todas as plantas con partes reprodutivas ocultas (algas, fungos, brións e líquens e fentos).[123]

Genera Plantarum [editar | editar a fonte]

Genera plantarum: eorumque characteres numerum secundum Naturals, figuram, situm, et partium proportionem omnium fructificationis foi publicado por primeira vez en 1737 con ilustracións dos xéneros das plantas. A súa sexta edición foi publicada en 1764.

Systema Plantarum[editar | editar a fonte]

Systema Plantarum foi unha obra publicada póstumamente o 1779, que integra os aspectos botánicos de Systema Naturae con Species Plantarum (e, de facto, Genera Plantarum) para facer unha obra completa. En realidade esta obra era a cuarta edición de Species Plantarum. Precedeuno un traballo titulado Supplementum Plantarum publicado por Carl von Linné o xoven en 1782.

Outras publicacións[editar | editar a fonte]

(a data indica a primeira edición)

  • Praeludia sponsaliarum plantarum (1729)
  • Fundamenta botanica quae majorum operum prodromi instar theoriam scientiae botanices per breves aphorismos tradunt (1732)
  • Systema Naturae (1735)
  • Fundamenta botanica (1735)
  • Bibliotheca botanica (1736) [Bibliotheca botanica recensens libros plus mille de plantis huc usque editos secundum systema auctorum naturale in classes, ordines, genera et species]
  • Critica botanica (1736)
  • Genera plantarum (Ratio operis) (1737)
  • Corollarium generum plantarum (1737) en Gallica
  • Flora lapponica (1737) [Flora lapponica exhibens plantas per Lapponiam Crescentes, secundum Systema Sexuale Collectas in Itinere Impensis]
  • Ichthyologia (1738), no què Linné publica os traballos do seu colega e amigo Peter Artedi morto accidentalmente.
  • Classes plantarum na Biblioteca Augustana
  • Hortus Cliffortiana (1738)
  • Flora suecica (1745)
  • Fauna suecica (1746)
  • Hortus Upsaliensis (1748)
  • Philosophia botanica (1751)
  • Species Plantarum (1753)
  • Flora anglica (1754)
  • Animalium specierum, Leyde : Haak, (1759)
  • Fundamentum fructificationis (1762)
  • Fructus esculenti (1763)
  • Fundamentorum botanicorum partes I et II (1768)
  • Fundamentorum botanicorum tomoi (1778)

Honras[editar | editar a fonte]

Os aniversarios do nacemento de Linné, particularmente os centenarios, foron conmemorados con grandes celebracións.[124] En 1870 organizáronse eventos en Suecia que contaron coas fillas de Linneo e apóstolos como Afzelius, que naquel tempo era o máximo responsable do breve Instituto Linné. Un século máis tarde, as celebracións do bicentenario estendéronse polo mundo e foron aínda maiores en Suecia. A Universidade de Uppsala concedeu doutoramentos honoris causa a Ernst Haeckel, Francis Darwin e Selma Lagerlöf, entre outros. Os memoriales foron tan numerosos que os xornalistas cansáronse de publicar caricaturas do prezado Linné.[125]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Carl von Linné naceu o 13 de maio de 1707 (segundo o calendario sueco da época) ou o 23 de acordo ao noso calendario actual. Segundo o calendario xuliano naceu o 12 de maio. (Blunt 2004, páx. 12)
  2. O pai de Carl Linnaeus, Nils, naceu co apelido Ingemarsson a partir do nome do seu pai, Ingemar Bengtsson. Con todo, cando Nils ingresou na universidade debía ter un apelido. Inspirándose nun tilo que había nas terras da familia, Nils escolleu o nome Linnaeus, forma latinizada da palabra lind, "tilo" en idioma sueco. (Blunt, 2004, 12) Cando Carl Linné naceu, recibiu o nome de Carl Nilsson Linnaeus, tomando o apelido do seu pai. (Blunt, 2004, 13).
  3. Cando Carl Linnaeus matriculouse nunha escola privada como estudante na Universidade de Lund, rexistrouse como Carolus Linnaeus. Esta forma latinizada era o nome que usaba cando publicaba os seus traballos en latín. Despois de que fose nomeado nobre, en 1761, cambiou o nome polo de "Carl von Linné". Linné é unha versión reducida de 'Linnaeus', e von indica a súa ennobrecemento, segundo o costume alemán adoptada pola aristocracia sueca da época. A partir dese momento, asina a súa correspondencia como "Carl v. Linné." (Blunt, 2004, 171).
  4. Poderiase traducir como funcionario pois ainda que en Holanda se cambiou por "preses" a maior parte dos consellos de administración e sociedades de estudantes conserban ainda a súa forma latina praeses (Nota do tradutor)
Referencias
  1. 1,0 1,1 "Que dixo a xente sobre Linnaeus", sitio web da Universidade de Uppsala" Linné en líña".(en inglés)
  2. Linnaeus deceased sitio web da Universidad de Uppsala" Linné en liña". (en inglés)
  3. Broberg, Gunnar, pg. 7
  4. Blunt, Wilfrid, pág. 6
  5. p. 4 de Stearn, W. T. 1959. The background of Linnaeus's contributions to the nomenclature and methods of systematic biology. - Systematic Zoology 8 (1): 4-22.
  6. Tradución de Nomina si nescis, perit et cognitio rerum. Sörlin & Fagerstedt, Linné och hans lärjungar ("Linné e os seus aprendices"), 2004. ISBN 91-27-35590-X
  7. Blunt, Wilfrid, páx. 12
  8. Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 8
  9. Broberg, Gunnar, páx. 10
  10. Blunt, Wilfrid, pág. 13
  11. 11,0 11,1 11,2 . The Name Giver. juny de 2007. p. 1. http://ngm.nationalgeographic.com/2007/06/linnaeus-name-giver/david-quammen-text/1.
  12. 12,0 12,1 12,2 Blunt, Wilfrid, pág. 15–16
  13. 13,0 13,1 13,2 Stöver, Dietrich Johann Heinrich, pág. 5–6
  14. Blunt, Wilfrid, pág. 16–17
  15. 15,0 15,1 Blunt, Wilfrid, pág. 17–18
  16. Stöver, Dietrich Johann Heinrich, pág. 8–11
  17. Blunt, Wilfrid, pág. 18
  18. Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 13
  19. Blunt, Wilfrid, pág. 21–22
  20. 20,0 20,1 Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 14-15
  21. Blunt, Wilfrid, pág. 23–25
  22. Blunt, Wilfrid páx. 31–32
  23. Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 19–20
  24. Blunt, Wilfrid, páx. 32–34
  25. Blunt, Wilfrid, páx. 34–37
  26. 26,0 26,1 Blunt, Wilfrid, páx. 36–37
  27. Anderson, Margaret J., pág. 40
  28. Anderson, Margaret J., páx. 42–43
  29. Blunt, Wilfrid, páx. 38
  30. Anderson, Margaret J., páx. 43–44
  31. Anderson, Margaret J., páx. 46
  32. 32,0 32,1 Blunt, Wilfrid, páx. 42–43
  33. Blunt, Wilfrid, páx. 45–47
  34. Anderson, Margaret J., páx. 50–51
  35. Blunt, Wilfrid, páx. 55–56
  36. Blunt, Wilfrid, páx. 63–65
  37. Blunt, Wilfrid, páx. 39–42
  38. Broberg, Gunnar, páx. 29
  39. Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 38–39
  40. Blunt, Wilfrid, páx. 74
  41. Blunt, Wilfrid, páx. 78–79
  42. Stöver, Dietrich Johann Heinrich, pág. 71
  43. 43,0 43,1 Anderson, Margaret J., páx. 60–61
  44. Blunt, Wilfrid, páx. 90
  45. Blunt, Wilfrid, páx. 94
  46. Anderson, Margaret J., páx. 66
  47. 47,0 47,1 Blunt, Wilfrid, páx. 98–100
  48. Anderson, Margaret J., páx. 62–63
  49. 49,0 49,1 Blunt, Wilfrid, páx. 100–102
  50. 50,0 50,1 50,2 Mary, Gribbin, páx. 47
  51. Anderson, Margaret J., páx.64
  52. 52,0 52,1 Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 81–82
  53. Blunt, Wilfrid, páx. 106–107
  54. Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 89–90
  55. Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 90–93
  56. Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 95
  57. Blunt, Wilfrid, páx. 123
  58. 58,0 58,1 Koerner, Lisbet, páx. 56
  59. 59,0 59,1 Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 382
  60. 60,0 60,1 60,2 60,3 60,4 60,5 "Carl Linnaeus" (en inglés). http://www.nrm.se/researchandcollections/botany/phanerogamicbotany/botanicalhistory/carlvonlinne.4.5fdc727f10d795b1c6e80007524.html. Consultado o 25-06-2010.
  61. Stöver, Dietrich Johann Heinrich, pág. 141
  62. Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 146–147
  63. Koerner, Lisbet, páx. 16
  64. Koerner, Lisbet, páx. 103–105
  65. Mary, Gribbin, páx. 49–50
  66. 66,0 66,1 Koerner, Lisbet, páx. 115
  67. Blunt, Wilfrid, páx. 137–142
  68. Stöver, Dietrich Johann Heinrich , páx. 117–118
  69. Koerner, Lisbet, páx. 204
  70. Blunt, Wilfrid, páx. 159
  71. Blunt, Wilfrid, páx. 165
  72. Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 167
  73. Blunt, Wilfrid, páx. 198–205
  74. 74,0 74,1 Koerner, Lisbet, páx. 116
  75. 75,0 75,1 Mary, Gribbin, páx. 56-57
  76. Blunt, Wilfrid, páx. 173–174
  77. Blunt, Wilfrid, páx. 221
  78. Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 198–199
  79. Blunt, Wilfrid, páx. 166
  80. Blunt, Wilfrid, páx. 219
  81. Blunt, Wilfrid, páx. 220–224
  82. Blunt, Wilfrid, páx. 6
  83. Blunt, Wilfrid, páx. 199
  84. Blunt, Wilfrid, páx. 229–230
  85. Mary, Gribbin, páx. 62
  86. 86,0 86,1 Blunt, Wilfrid, páx. 245
  87. Blunt, Wilfrid, páx. 232
  88. Stöver, Dietrich Johann Heinrich, páx. 243–245
  89. Broberg, Gunnar, páx. 42
  90. Mary, Gribbin, páx. 63
  91. Quammen, David (2007-06). "The Name Giver" (en inglés). National Geographic: 4. http://ngm.nationalgeographic.com/2007/06/linnaeus-name-giver/david-quammen-text/4.
  92. 92,0 92,1 Anderson, Margaret J., páx. 104–106
  93. Blunt, Wilfrid, páx. 238–240
  94. 94,0 94,1 "Linnaeus deceased" (en inglés). The Life of Linnaeus. Uppsala University. http://www.linnaeus.uu.se/online/life/9_0.html.
  95. "Linnaeus, Johannes (1754-1757). Swedish. Son of Carl Linnaeus and Sara Elisabet Linnaea" (en inglés). Linnaeus Letters. linnaeus.c18.net. http://linnaeus.c18.net/Letters/display_bio_note.php?id_letter=L1753&code_person=LinnaeusJ.
  96. Colección dixital da Biblioteca Nacional de Australia
  97. Wilfrid Blunt, páx. 189–190
  98. Gunnar Broberg, páx. 37–39
  99. Margaret J. Anderson, páx. 92-93
  100. 100,0 100,1 Wilfrid Blunt, páx. 184–185
  101. Wilfrid Blunt, páx. 185-186
  102. Margaret J. Anderson, páx. 93-94
  103. Margaret J. Anderson, páx. 96
  104. Wilfrid Blunt, páx. 191-192
  105. Wilfrid Blunt, páx. 192-193
  106. Wilfrid Blunt, páx. 193-194
  107. Pavord, Anna. The Naming of Names: The Search for Order in the World of Plants. Bloomsbury. ISBN 0-747-57052-0
  108. Frängsmyr et al., pág. 156-157
  109. Frängsmyr et al., páx. 170
  110. Frängsmyr et al., páx. 167
  111. Frängsmyr et al., páx. 171–172
  112. Frängsmyr et all., páx. 175
  113. *Frängsmyr et al., páx. 191-192
  114. Frängsmyr et al., páx. 166
  115. p. 84 en Bontius, I. (1658). Historiæ naturalis & medicæ Indiæ Orientalis libri sex. - pp. 1-226, en: Piso, G.: De Indiæ Utriusque re naturali et medica libri quatuordecim. Quorum contenta pagina sequens exhibet. -- pp. [1-22], 1-327 [= 329], [1-5], 1-39, 1-226. Amstelædami. (Elzevier).
  116. Frängsmyr et al., páx. 176–177
  117. Frängsmyr et al., páx. 186
  118. Frängsmyr et al., páx. 187
  119. p. 521 in Linné, C. a 1771. Mantissa plantarum altera generum editionis VI. et specierum editionis II. - pp. [1-7], 144-588. Holmiæ. (Salvius).
  120. Linnæus, C. 1735. Systema naturæ, sive regna tria naturæ systematice proposita per classes, ordines, genera, & species. - pàx. [1-12]. Leiden. (Haak)
  121. pàg.84 a Bontius, I. 1658. Historiæ naturalis & medicæ Indiæ Orientalis libri sex. - Pàg. 1-226, a: Pis, G., De Indiæ Utriusque re naturali et medica libri quatuordecim. Quorum contenta pagina sequens exhibet. - Pàg. [1-22], 1-327 [= 329], [1-5], 1-39, 1-226. Amsterdam. (Elsevier).
  122. Pàg. 64 a Blumenbach, JF 1779. Handbuch der Naturgeschichte. Mit Kupfern. [Erster] Theil. - Pàg. [1-13], 1-448, Tab. [I-II = 1-2]. Göttingen. (Dieterich J. C.
  123. Hoek, C.van den, Mann, D.G. and Jahns, H.M. 2005. Algae An Introduction to Phycology. Cambridge University Press, Cambridge. ISBN 0-521-30419-9 (en inglés)
  124. "Making Memorials: Early Celebrations of Linnaeus" de Hanna Östholm, del número especial 8 de The Linnean (Newsletter and Proceedings of the Linnean Society of London) [1]
  125. "Linné on line - Caricatures of Linnaeus". Linnaeus.uu.se. http://www.linnaeus.uu.se/online/history/karikatyr.html. Consultado o 28-10-2012.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Biografías[editar | editar a fonte]

  • Cecilia Lucy Brightwell: A life of Linnaeus. Londres, 1858
  • Florence Caddy: Through the fields with Linnaeus. 2 volúmenes, Londres, 1887
  • Theodor Magnus Fries: Linné: . 2 volúmenes, Estocolmo, 1903
  • Edward Lee Greene: Carolus Linnaeus. Filadelfia, 1912
  • Benjamin D. Jackson: Linnaeus. Londres, 1923
  • Lisbet Koerner: Linnaeus: Nature and Nation. Harvard University Press 1999. ISBN 0-674-00565-1
  • Richard Pulteney: A General View of the Writings of Linnaeus. Londres, 1781
  • Dietrich Heinrich Stöver: The Life of Sir Charles Linnaeus. Londres, 1794
  • Brightwell, C. L. A Life of Linnaeus. Londres: J. Van Voorst, 1858.
  • Hovey, Edmund Otis. The Bicentenary of the Birth of Carolus Linnaeus. Nova York: New York Academy of Sciences, 1908.
  • Sörlin & Fagerstedt, Linné och hans lärjungar, 2004. ISBN 91-27-35590-X
  • J.L.P.M.Krol, Linneaus' verblijf op de Hartekamp A: Het landgoed de Hartekamp in Heemstede. Heemstede, 1982. ISBN 90-70712-01-6

Sobre a recepción da súa obra[editar | editar a fonte]

  • A. J. Boerman: Carolus Linnaeus. A Psychological Study. A: Taxon. Volumen 2, no. 7, octubre 1953, p. 145–156. doi 10.2307/1216487
  • Félix Bryk: Promiskuitat der Gattungen als Artbildender Faktor. Zur zweihundertsten Wiederkehr des Erscheinungsjahres der fünften Auflage von Linnes Genera plantarum (1754). A: Taxon. Volumen 3, no. 6, setiembre 1954), p. 165–173. doi 10.2307/1215954
  • John Lewis Heller: Linnaeus's Hortus Cliffortianus. A: Taxon. Volumen 17, no. 6, diciembre 1968, p. 663–719. doi 10.2307/1218012
  • John Lewis Heller: Linnaeus's Bibliotheca Botanica. A: Taxon. Volumen 19, no. 3, junio 1970, p. 363–411. doi 10.2307/1219065
  • James L. Larson: Linnaeus and the Natural Method. A: Isis. Volumen 58, no. 3, otoño 1967, p. 304–320
  • James L. Larson: The Species Concept of Linnaeus. A: Isis. Volumen 59, no. 3, otoño 1968, p. 291–299
  • E. G. Linsley, R. L. Usinger: Linnaeus and the Development of the International Code of Zoological Nomenclature. A: Systematic Zoology. Volumen 8, no. 1, marzo 1959, p. 39–47. doi 10.2307/2411606
  • Karl Mägdefrau: Geschichte der Botanik. Gustav Fischer Verlag: Stuttgart 1992, p. 61–77. ISBN 3-437-20489-0
  • Staffan Müller-Wille, Karen Reeds: A translation of Carl Linnaeus’s introduction to Genera plantarum. A: Studies in History and Philosophy of Science Part C: Studies in History and Philosophy of Biological and Biomedical Sciences. Volumen 38, no. 3, setiembre 2007, p. 563–572. DOI|doi:10.1016/j.shpsc.2007.06.003
  • Staffan Müller-Wille: Collection and collation: theory and practice of Linnaean botany. A: Studies in History and Philosophy of Science Part C: Studies in History and Philosophy of Biological and Biomedical Sciences. Volumen 38, no. 3, setiembre 2007, p. 541–562. DOI|10.1016/j.shpsc.2007.06.010
  • Peter Seidensticker: Pflanzennamen: Überlieferung, Forschungsprobleme, Studien. Franz Steiner Verlag: 1999. ISBN 3-515-07486-4
  • W. T. Stearn: The Background of Linnaeus's Contributions to the Nomenclature and Methods of Systematic Biology. A: Systematic Zoology. Volumen 8, no. 1, marzo 1959,p. 4–22. doi 10.2307/2411603

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]