Ernst Haeckel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ernst Haeckel

Ernst Heinrich Philipp August Haeckel, nado en 1834 e finado en 1919, foi un biólogo e filósofo alemán que popularizou o traballo de Charles Darwin en Alemaña, propuxo novos termos como phylum, ecoloxía ou disteleoloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Haeckel formulou en 1866 a teoría da recapitulación, hoxe desacreditada, segundo a cal o desenvolvemento dun embrión de cada especie repite o desenvolvemento evolutivo desa especie totalmente.

Haeckel avogaba que as razas "primitivas" estaban na súa infancia e precisaban a supervisión e protección de sociedades máis maduras, da que extrapolou unha nova filosofía, que denominou monismo. As súas obras serviron de referente e xustificación científica para o racismo, nacionalismo e socialdarwinismo e estiveron na base das teorías racistas do nazismo.

Logo da publicación do On the Origin of Species by Means of Natural Selection de Darwin, cando aínda non se atopara ningún antepasado dos humanos, Haeckel postulaba a evidencia que a evolución humana se podía atopar nas Indias Orientais Holandesas, e describiu esas teorías con gran detalle no que recoñecía que os simios e humanos tiñan un orixe común. Tiña que haber, polo tanto, un elo intermedio, ao que lle deu o nome de home simio ou Pithecanthropus, que aínda que humana en moitos aspectos, non posuía a que consideraba verdadeira característica do home, a linguaxe, polo que a denominou Pithecantrhopus alalus. O lugar da súa aparición fora Lemuria, un continente que segundo crenza do século XIX afundira no Océano Índico en épocas remotas, e dende alí se espallara polos outros continentes. Fascinado pola súa propia teoría encargou aos seus estudantes atopar o elo perdido, e un deles, Eugène Dubois, fíxoo ao atopar o coñecido como Home de Xava, ao que deu o nome de Pithecanthropus, aínda que máis tarde fora reclasificado como Homo erectus

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ernst Haeckel

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]