Joseph Banks
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Joseph Banks, nado en Londres o 13 de febreiro de 1743 e finado na mesma cidade o 19 de xuño de 1820, foi un naturista e botánico inglés que participou na primeira viaxe de James Cook.
Nos seus anos de estudante en Oxford adquiriu paixón pola botánica. Publica as súas primeiras descrición, de especies de Terranova e Labrador, utilizando o sistema de Carl von Linné.
En 1768 embarcou a bordo do Endeavour, acompañando a Cook na súa primeira expedición cara ao sur do océano Pacífico. En Brasil fixo a primeira descrición científica coñecida (buganvílea), e con Daniel Solander fixo a maior colección de flora australiana, describindo especies novas para a ciencia.
Arredor de 75 especies levan o nome de Banks e está considerado o introdutor en occidente do eucalipto, a acacia, a mimosa e o xénero coñecido como Banksia.