William Buckland
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
William Buckland, nado o 12 de marzo de 1784 en Axminster (Devonshire) e finado o 14 de agosto de 1856, foi un prominente naturalista, xeólogo e paleontólogo británico que escribiu a primeira descrición completa dun dinosauro. Era de opinión favorábel ao creacionismo antigo da Terra e á teoría do Diluvio Universal, foi convencido da realidade das glaciacións de Louis Agassiz.