Konrad Lorenz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Konrad Zacharias Lorenz
Konrad lorenz-rusky lagr 1944-fotka.jpg
Profesión: zoólogo
País: Austria Austria
Nado en: 7 de novembro de 1903
Lugar de nacemento: Viena, Austria
Faleceu en: 27 de febreiro de 1989
Lugar: Viena, Austria

Konrad Zacharias Lorenz, nado en Viena o 7 de novembro de 1903 e finado tamén en Viena o 27 de febreiro de 1989, foi un naturalista e zoólogo austríaco, considerado un dos fundadores da etoloxía, a ciencia do comportamento, tanto o animal como o humano. Recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1973, compartido con Niko Tinbergen e Karl von Frisch.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O lugar do seu nacemento é Altenberg, localidade próxima a Viena. Doutorouse en medicina e zooloxía en 1933 nesta Universidade e foi profesor de psicoloxía entre 1929 e 1935. En 1941 entrou no exército e entre 1944 e 1948 estivo prisioneiro en Rusia. Dirixiu o Instituto Max Planck de Buldern de fisioloxía do comportamento entre 1950 e 1954 e o de Seewiesen entre 1955 e 1973.

Chegou a ser moi coñecido polos seus esforzos para identifica-lo que el chamaba patróns establecidos de conduta, dos cales demostrou que estaban xeneticamente determinados. Estableceu, ademais, que os devanditos patróns eran tan importantes para a supervivencia do animal como as súas características fisiolóxicas, e que ambos factores tiñan un desenvolvemento evolutivo similar.

Un dos seus máis coñecidos e difundidos logros foi descubrir que os estímulos auditivos e visuais dos proxenitores dun animal son necesarios para inducir á cría a seguilos, pero que calquera obxecto, incluído un ser humano, podía inducir a mesma resposta de se empregaren os mesmos estímulos.

Na súa obra Sobre a agresión (1963), Lorenz demostrou que a orixe xenética da agresividade humana proviña do comportamento observado en moitos animais cando estes defenden o seu territorio.

Obra[editar | editar a fonte]