Hieronymus Bock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hieronymus Bock.
Amorodeira tirada de Kreütter Büch, de Bock (debuxo de David Kandel).

Hieronymus Bock, tamén coñecido como Jerome Bock ou como Hieronymus Tragus, nado en 1498 e finado o 21 de febreiro de 1554, foi un botánico, médico e ministro luterano alemán.

Como botánico, comenzou a transición da botánica medieval á científica moderna, clasificando as plantas segundo a súa relación ou semellanza. A súa obra de 1546 Kreuterbuch ou " herbario" foi ilustrada polo artista David Kandel. No mundo do viño, Bock foi o primeiro en usar a palabra moderna Riesling ,en 1552, en que a mencionou no seu Neu Kreuterbuch.[1]

Os detalles da súa vida son incompletos, particularmente respecto á súa formación académica. En 1519 inscribiuse na universidade de Heidelberg. En 1523 casou con Eva Victor.

Durante nove anos foi o custodio dos documentos do Palatinado, en Zweibrücken. Posibelmente nesta época orixinouse o seu interese pola botánica. En 1532 converteuse no médico do príncipe, e recibiu un posto de por vida como ministro luterano nunha aldea próxima (Hornbach) onde permaneceu até a súa morte en 1554.

A primeira edición do seu Kräutterbuch (literalmente, libro de plantas) apareceu en 1539 sen ilustrar. Os seus obxectivos eran describir as plantas alemás, incluíndo os seus nomes, características e aplicacións médicas. En lugar de seguir a Dioscórides, como era tradicional, desenvolveu o seu propio sistema de clasificación de 700 plantas. Bock viaxou, ao parecer, extensamente por Alemaña observando as plantas, xa que no seu libro inclúe observacións ecolóxicas e corolóxicas.

Honras[editar | editar a fonte]

Xéneros[editar | editar a fonte]

  • Charles Plumier dedicoulle un xénero de euforbiáceas, Tragia.
  • Albrecht von Haller dedicoulle un xénero de poáceas, Tragus.

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

A abreviatura H. Bock emprégase para indicar a Hieronymus Bock como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais´

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oz Clarke (2001): The enciclopaedia of Grapes. ISBN 0-15-100714-4 páx. 192

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Hieronymus Bock

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Duane Isely (1994): One hundred and one botanists. Iowa State University Press.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]