Dioscórides
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Pedanio Dioscórides Anazarbeo (en grego antigo Διοσκορίδης Dioskoridēs), naceu contra o ano 40 en Anazarbus, Cilicia, Asia Menor e morreu contra o ano 90.
Foi un médico, farmacólogo e botánico grego, cuxa obra De Materia Medica alcanzou unha ampla difusión, converténdose no principal manual de farmacopea durante toda a Idade Media e o Renacemento.
Índice |
Biografía[editar]
Pouco se sabe da súa vida. Practicou a medicina en Roma na época dos emperadores Claudio I e Nerón. Segundo a propia testemuña que figura na carta que serve de prólogo á súa obra, foi cirurxián militar no exército romano, co que tivo a oportunidade de viaxar en busca de substancias medicinais por todo o mundo coñecido.
A súa obra: De Materia Medica[editar]
Escribiu unha obra en cinco volumes titulada De Materia Medica, precursora da moderna farmacopea. O texto describe unhas 600 plantas medicinais, incluíndo a mandrágora, uns 90 minerais e ao redor de 30 substancias de orixe animal. A diferenza doutras obras clásicas, este libro tivo unha enorme difusión na Idade Media tanto no seu orixinal grego como en outras linguas, tales como o latín e o árabe.
O códice máis antigo que se conserva da obra data de comezos do século VI, e foi copiado para uso da patricia romana Anicia Juliana, filla do emperador Anicio Olibrio. Este manuscrito ten un total de 491 folios, e case 400 ilustracións a páxina completa. En 1569 foi adquirido polo emperador Maximiliano I, conservándose na Biblioteca Nacional de Austria (Österreichische Nationalbibliothek). É coñecido como Codex Vindobonensis Med. Gr. 1. (Vindobona é o nome latino de Viena) ou, simplemente, como o "Dioscórides de Viena".
A obra foi traducida por primeira vez ao árabe no século IX, no Bagdad abasí.
No século seguinte, o emperador bizantino Constantino Porfiroxéneta enviou o libro como presente ao califa cordobés Abderramán III un exemplar en grego, que foi traducido ao árabe por un monxe chamado Nicolás, coa axuda do xudeu Hasdai ibn Shaprut.
Imprimiuse por primeira vez, en latín, en 1478, en Colle (Toscana) por Pedro Paduano. A primeira edición ibérica de Dioscórides foi a castelá de Andrés Laguna (1511 - 1559), feita a partir da de Jean de Ruelle, titulada Pedacio Dioscorides... Materia medicinal (Antuerpen, 1555).
Véxase tamén[editar]
Bibliografía[editar]
- Dioscórides / Pseudo Dioscórides (1998): Plantas y remedios medicinales. Obra completa. Madrid: Editorial Gredos ISBN 978-84-249-1957-3
- Volumen I: Libros I-III ISBN 978-84-249-1958-0
- Volumen II: Libros IV-V ISBN 978-84-249-1959-7
- Font Quer, P. (2001): Plantas medicinales. El Dioscórides renovado. Barcelona: Adiciones Península. 3ª ed. (A primeira edición é do ano 1961. Barcelona: Editorial Labor.)
- Pedacio Dioscórides Anazarbeo (1555): Acerca de la materia medicinal y de los venenos mortiferos. Edición dixitalizada. Biblioteca Digital Hispánica. Identificador dixital [1]
- Riddle, J. M. (1985): Dioscorides on Pharmacy and Medicine. Austin: University of Texas Press.
- Riddle, J. M.: Dictionary of Scientific Biography. Vol. 4, páxs. 119-123.