Lesma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lesma
Red Slug (Arion rufus).
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Gastropoda
Subclase: Orthogastropoda
Superorde: Heterobranchia
Orde: Pulmonata
Suborde: Stylommatophora

A lesma, limacha ou limaco é un molusco gasterópodo pulmonado, sen cuncha aparente. En realidade, as lesmas posúen un resto de cuncha, interno, formado por unha fina lámina calcárea baixo o escudo ou manto.

A súa aparencia é pegañenta e viscosa. As lesmas teñen hábitos semellantes aos dos caracois, ainda que se atopan sempre en lugares húmidos. Ao careceren de cuncha externa son máis vulnerábeis á desecación. Son moi comúns en bosques, campos e xardíns.

Alimentación[editar | editar a fonte]

A alimentación das lesmas é variada. Prefiren as follas e outros tecidos vexetais, pero tamén poden alimentarse de restos animais. Aliméntanse de noite e poden tomar ao día a unha cantidade de alimento equivalente á metade do seu peso.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Lesma adulta rubindo por un terreo arenoso en Bares.

As lesmas son seres hermafroditas (un mesmo individuo presenta órganos sexuais femininos e masculinos) e caracterízanse polo feito de que, durante o seu desenvolvemento, a masa visceral sofre unha torsión, enrolándose sobre si mesma. Así, adoptan a forma espiral tan característica da cuncha dos caracois. Pon os ovos entre uns días e unhas semanas despois do acoplamento. Depositan unha cantidade comprendida entre 100 e 500 ovos nun burato.

A incubación ten unha duración variable, que depende das condicións climáticas, especialmente a temperatura. A 5 graos a incubación pode durar tres meses, mentres que a 20 graos dura tres semanas. Ao saír dos ovos apenas miden uns milímetros e o seu corpo é transparente. O período de vida depende das zonas e varía entre os 9 e os 18 meses.

Sinonimia[editar | editar a fonte]

Sendo lesma a forma máis estendida[1] e estandarizada nos dicionarios de referencia, coñécese tamén baixo numerosas denominacións locais e variantes. Para interpreta-las referencias na seguinte listaxe, véxase a bibliografía desta sección.

Ademais, Martín Sarmiento recolleu lesmea e lexma dentro dunha lista de "Nombres de sabandijas e insectos" (en Catálogo de Voces y Frases de la Lengua Gallega, 1745), que non sabemos se se refiren a este mesmo animal.

Tamén se recolle a forma castelá babosa[44].

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • (AF) ACEVEDO HUELVES, Bernardo e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Marcelino: Vocabulario del Bable en Occidente. Centro de Estudios Históricos, Madrid, 1932.
  • (LCA) CARRÉ ALVARELLOS, Leandro: Diccionario Galego-Castelán e Vocabulario Castelán-Galego. A Coruña 1928-1931.
  • (JPC) CUVEIRO PIÑOL, J.: Diccionario Gallego. Establecimiento tipográfico de N. Ramírez y Cª, Barcelona 1876.
  • (CGG) GARCÍA GONZÁLEZ, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe. Universidade de Santiago (VERBA, anexo 27), Compostela 1985.
  • (MLP) LEIRAS PULPEIRO, M.: Obra completa. Galaxia, Vigo 1970.
  • (VLQ) LIS QUIBÉN, Víctor: La medicina popular en Galicia. Madrid, 1949 (reed. Akal, Madrid 1980).
  • (XLF) LORENZO FERNÁNDEZ, Joaquín: "Notas lingüísticas gallegas" en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares IV, 1948, 79-93.
  • (GAL) MONTEAGUDO ROMERO, H, e GARCÍA CANCELA, X.: Diccionario galego castelán. Galaxia, Vigo 1992.
  • (AO2) OTERO ÁLVAREZ, Aníbal: "Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugués" I-XXX en Cuadernos de Estudios Gallegos 1949-1976.
  • (VR) RISCO, Vicente: "Creencias gallegas: Tradiciones referentes a algunos animales" en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares III, 1947, 163-188; III, 371-400.
  • (ERQ) RIVAS QUINTAS, Eligio: Frampas II. Contribución al Diccionario Gallego. Alvarellos, Lugo 1988.
    • Frampas III, en SANTAMARINA, A. (coord.): Diccionario de diccionarios, Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 2004.
  • (ERG) RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961.
  • (MVN) VALLADARES NÚÑEZ, Marcial: Diccionario Gallego-Castellano. Imprenta del Seminario Conciliar Central, Santiago 1884.
  • (TdM) VARIOS: Terra de Melide. Seminario de Estudos Galegos, Compostela 1933.
  • (XER) VARIOS: Diccionario Xerais da lingua. Xerais, Vigo 1986.
  • (VCN) SANJUÁN LÓPEZ, A. e outros: Vocabulario das Ciencias Naturais. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, 1991.

A lesma na cultura popular galega[editar | editar a fonte]

Os campesiños consideran as lesmas prexudiciais para o campo, e mátannas botándolles sal. Crese que, cando alguén se acerca a unha lesma, caga por ela[45].

Un tratamento contra as espullas consiste en unta-las mans coa baba dunha lesma viva branca, nunca negra. Despois, crávase un paíño na lesma e espétase no chan. Cando seca o animal, curan as espullas[46]. Tamén se usan para cura-los furunchos da xente e contra o erizo dos bois[47].

Adiviñas[editar | editar a fonte]

  • Unha cousa cousiña,/ non ten óso nin osiña/ e pace coma unha marraquiña[48].
  • Unha señora/ vestida de negro,/ tórnalle os cochos,/ que ós cans non ten medo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Constantino García localízaa en Curtis, Toba Santa Comba, Compostela, Melide, Sober, O Grove e Verín.
  2. ERG: Rúa de Petín.
  3. CGG: Guntín, Pedrafita, O Incio.
  4. AO2: Córneas.
  5. ERG: Láncara.
  6. ERQ: no Bierzo occidental, Páramo de Neira e arredores de Lugo.
  7. CGG: Pantón.
  8. ERG s. v. lesmia: Llámase también CORTA, porque por donde pasa deja la hierba y las hojas como segadas o cortadas.
  9. CGG: Feás, Razo, Laxe.
  10. ERQ:Marín.
  11. AO2.
  12. CGG: Curtis; ERG; MVN, LCA.
  13. CGG: Laxe, Santaia, Compostela.
  14. ERG, MVN. Valladares engade que lamigocha de concha designa o caracol.
  15. ERG, LCA.
  16. CGG: Sober.
  17. CGG: Novefontes, Sober, O Grove.
  18. CGG: Ramirás, Xunqueira de Ambía, Montederramo, Verín; AO2: Viñoás.
  19. CGG: Codeseda.
  20. CGG: Porto (Zamora).
  21. CGG: A Gudiña, Vilardevós.
  22. CGG: Castrocaldelas.
  23. CGG: Compostela, A Gudiña; ERG, GAL, VLQ, JCP, XLF.
  24. CGG: Dumbría, Monterroso.
  25. CGG: Pantón, A Gudiña, A Mezquita.
  26. VR.
  27. VR.
  28. CGG: Goián.
  29. VR.
  30. JPC.
  31. VCN, XER, GAL, ERG, AO2, MLP, VR.
  32. ERG, GAL, XER.
  33. CGG: Cedofeita; VCN, XER.
  34. ERG: Seoane.
  35. CGG: Novefontes; TdM:453; VR.
  36. CGG: Guntín; ERGa: Lemos.
  37. AF: de Navia a Tapia (Asturias).
  38. CGG: Ferreira do Valadouro; AO2: Guerdiz.
  39. CGG: Guitiriz, Friol.
  40. CGG: Guntín.
  41. CGG: Oirós.
  42. CGG: Caaveiro, Cabalar, Guitiriz; GAL; ERG:Parrochas.
  43. CGG: Melide; TdM:453; VR.
  44. CGG: Pantón, A Gudiña.
  45. LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral. Colexio Público Castrelo, Cambados 1986, 66.
  46. LIS QUIBÉN, Víctor: La medicina popular en Galicia. Madrid, 1949, 294 (reed. Akal, Madrid 1980).
  47. RISCO, Vicente: "Creencias gallegas: Tradiciones referentes a algunos animales" en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares III, 381. Risco non dá máis información que permita identificar a enfermidade dos bois pero co nome de "mal do orizo" desígnanse as chagas que se forman entre as pezuñas por necrobacilose ou por cousa do gripo.
  48. GÁRFER, J.L. e FERNÁNDEZ, C.: Adivinancero popular gallego. Taurus Ediciones. Madrid 1984.