Herpetoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A herpetoloxía, palabra orixinaria dos termos gregos ἑρπετόν herpetón, 'animal esvaradío', e λόγος lógos, 'comunicación' (no sentido de 'coñecemento'), é a rama da zooloxía que se dedica ao estudo dos anfibios e réptiles, incluídas a súa taxonomía, ecoloxía, comportamento, fisioloxía, anatomía e paleontoloxía.

Características[editar | editar a fonte]

A herpetoloxía estuda aos tetrápodos poiquilotermos (ou, mellor, ectotermos), o que inclúe aos réptiles e anfibios, pero non os peixes. O estudo dos anfibios beneficia o noso coñecemento do estado do ambiente, porque son moi sensibles ás perturbacións dos ecosistemas, especialmente a contaminación, en parte por que o seu primeiro desenvolvemento se produce en ambientes acuáticos frecuentemente pouco extensos ou temporais. Algúns velenos e toxinas producidas polos réptiles e os anfibios son útiles nos medicamentos humano. Por exemplo, o estudo dos velenos de certas serpes investígase en busca de fármacos anticoagulantes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]