Mary Anning

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mary Anning
Mary Anning painting.jpg
Mary Anning nun cadro
Nacemento 21 de maio de 1799
Lyme Regis, Dorset, Inglaterra Inglaterra
Morte 9 de marzo de 1847
Lyme Regis
Residencia Inglaterra
Nacionalidade Inglesa
Campo Paleontoloxía
Coñecido por Descubrimento de fósiles
Relixión Igrexa congregacional,
máis tarde convertida á anglicana

Mary Anning, nada o 21 de maio de 1799 en Lyme Regis, West Dorset, e falecida o 9 de marzo de 1847, foi unha paleontóloga e colleitadora de fósiles inglesa.

Índice

Traxectoria [editar]

No 1800 sobreviviu a un raio que matou a outras tres mulleres. O seu pai era ebanista e complementaba os seus ingresos cavando nos acantilados cheos de fósiles preto da vila e vendendo despois o que atopaba ós turistas. Ó morrer de tuberculose no 1810, a familia quedou sen soporte, e Mary comezou a recoller fósiles a tempo total para gañar cartos. A comezos do século XIX, coleccionar fósiles estaba de moda; primeiro como pasatempo como se de cromos se tratara, pero pouco a pouco foise transformando nunha ciencia ó incrementarse a importancia dos fósiles en bioloxía e xeoloxía. Ese mesmo camiño seguiu Anning, decantándose cada vez máis cara a aspectos científicos, a partir do descubrimento casual dun esqueleto completo de ictiosaurio, o primeiro de que se ten constancia, o que fixo ós 12 anos.

Foi ese descubrimento o que levou a un mecenas a axudar ós Anning e permitir que Mary construíra a súa propia colección de fósiles, desenterrando o primeiro esqueleto de plesiosaurio no 1821, e no 1828 o primeiro fósil de pterodáctilo fora de Alemaña, completando así os seus grandes descubrimentos, que foron acompañados doutros moitos menores, o que lle valeu que a Asociación Británica para o Avance da Ciencia lle pasara unha asignación anual, así como que a Sociedade xeolóxica de Londres a fixera membro honorario pouco tempo antes da súa morte por cancro. Dase a circunstancia que este derradeiro recoñecemento foi a título honorario debido a que, pola súa condición feminina, non podía ser membro de condición xeral.

A súa actividade asentou a base para a idea da extinción das especies, en particular os tres grandes esqueletos mencionados.

Galería [editar]

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]