Caspar Bauhin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gaspard Bauhin»)
Infotaula de personaCaspar Bauhin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xaneiro de 1560 Editar o valor em Wikidata
Basilea (Antiga Confederación Suíza) Editar o valor em Wikidata
Morte5 de decembro de 1624 (64 anos)
Basilea (Antiga Confederación Suíza) Editar o valor em Wikidata
Rector of the University of Basel (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesGaspard Bauhin
País de nacionalidadeSuíza Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Basilea
Universidade de Padua Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAnatomía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico , médico , micólogo , profesor universitario , naturalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Basilea Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJeronimus Mercurialis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosCaspar Hofmann (pt) Traducir e Johannes Fleischer der Jüngere (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaC.Bauhin Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJean Bauhin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJohann Bauhin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webbauhin.ch Editar o valor em Wikidata
WikiTree: Bauhin-1

Caspar Bauhin ou Gaspard Bauhin, nado en Basilea o 17 de xaneiro de 1560 e finado na mesma cidade o 5 de decembro de 1624, foi un botánico e anatomista suízo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gaspard Bauhin introduciu a nomenclatura binomial en taxonomía, que máis tarde desenvolvería Carl von Linné. O libro de Bahuhin, Pinax theatri botanici (1596) foi o primeiro en usar esta convención para dar nome ás especies.

Fillo de Jean Bauhin, un médico francés que tivo que deixar o seu país tras converterse ao protestantismo.
Caspar naceu en Basilea e estudou medicina en Padua, Montpellier e en Alemaña, volveu a Basilea en 1580 e deu clases privadas de botánica e anatomía ata que en 1582 obtivo o posto de profesor de grego na Universidade de Basilea, e en 1588 conseguiu a cátedra de anatomía e botánica e en 1614 a de medicina, posteriormente foi o reitor da universidade.

Ademais de Pinax Theatri Botanici, sen Index in Theoplirasti, Dioscoridis, Plinii, et botanicorum qui a seculo scripserunt opera, na que describe 2.600 especies, Caspar proxectou unha segunda obra, Theatrum Botanicum, da que só rematou tres partes das doce nas que estaba proxectada, aínda só publicou unha (1658). En Enumeratio plantarum ab herboriis nostro saeculo descriptarum cum corum differentiis (1620) describiu 6.000 plantas. Tamén realizou un catálogo das plantas que medraban nos arredores de Basilea, Catalogue plantarum circa Basileum nascentium... (1622) e editou as obras de Pietro Andrea Mattioli (1500-1577), con considerables adicións. A súa principal obra de anatomía humana foi Theatrum Anatomicum infinitis locis auctum (1592).