Karl von Frisch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Karl Ritter von Frisch
Karl Ritter von Frisch.jpg
Datos persoais
Nacemento 20 de novembro de 1886
Lugar Viena, Austria-Hungría
Falecemento 12 de xuño de 1982
Lugar Múnic, Alemaña do Oeste
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Etnia {{{etnia}}}
Cóncuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1973

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Karl Ritter von Frisch, nado en Viena o 20 de novembro de 1886 e finado o 12 de xuño de 1982 en Múnic, estudou zooloxía na Universidade de Múnic. O seu labor investigador desenvolveuse no Instituto de Zooloxía da Universidade de Rostock e no de Breslau. É considerado un dos pais da Etoloxía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Karl Ritter, fillo do profesor Anton Ritter von Frisch da Universidade de Múnic e a súa esposa Marie, naceu en Viena o 20 de novembro de 1886 e morreu o 12 de xuño de 1982 en Múnic. Estudou nunha escola de gramática e posteriormente na Universidade de Viena na facultade de medicina. Logo dos primeiros exames, cambiou á facultade de filosofía e estudou zooloxía en Múnic e Viena. Recibiu o Doutoramento na Universidade de Viena en 1910. No mesmo ano foi auxiliar de Richard Hertwig no Instituto Zoolóxico na Universidade de Múnic. Alí obtivo o certificado para o ensino de zooloxía e anatomía comparada.

En 1921 foi á Universidade de Rostock como profesor e director na facultade de zooloxía; en 1923 trasladouse a Breslau e en 1925 regresou co seu antigo profesor Richard Hertwig a Múnic. Coa axuda da Fundación de Rockefeller supervisou o novo edificio do instituto zoolóxico que se construía. Logo da destrución do Instituto durante a Segunda Guerra Mundial, foi á Universidade de Graz (Austria) en 1946, pero regresou a Múnic 1950 despois de que abrisen de novo o instituto. Foi Profesor Emérito dende 1958 e continuou cos seus estudos científicos.

Investigacións[editar | editar a fonte]

En 1910 comezou con estudos sobre peixes probando que podían distinguir cores e brillo. Tamén traballou sobre a capacidade auditiva e a capacidade de distinguir sons demostrando que é superior nesta clase a dos seres humanos. En 1919 comezou a estudar os insectos, especificamente as abellas, demostrando que sendo adestradas, poden diferenciar varios gustos e cheiros e que o sentido do olfacto é similar ao dos seres humanos, pero o sentido do gusto é diferente. Puido demostrar que mediante determinados movementos que chamamos danza da abella e mediante o movemento vibratorio do seu abdome (meneo) as abellas exploradoras informan ao resto da colmea onde se atopa a fonte de alimento, informando da dirección e da distancia. En 1949 puido demostrar, utilizando luz polarizada, que as abellas utilizan o Sol como compás para orientarse, recordando os patróns da polarización presentados polo ceo en diversas horas do día e da localización de sinais previamente atopados.

Sen dúbida as súas achegas á apicultura foron enormes, dado que delas desprendéronse coñecementos como o rango de acción da especie Apis mellifera . Outorgóuselle o Premio Nobel de Medicina en 1973, compartido con Konrad Lorenz e Nikolaas Tinbergen

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]