A orixe das especies

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A portada de 1859

A orixe das especies (título completo: Sobre a orixe das especies a través da selección natural ou a preservación de razas favorecidas na loita pola vida, tradución de On the Origin of Species by Means of Natural Selection, or the Preservation of Favoured Races in the Struggle for Life) foi un libro escrito polo naturalista británico Charles Darwin. É un dos libros máis importantes da historia da Bioloxía e do pensamento científico e humanístico en xeral. Darwin expón nel a súa teoría de que os organismos vivos evolucionan gradualmente a través do mecanismo da selección natural.

A primeira edición do libro publicouse o 24 de novembro de 1859 e esgotouse deseguido pola gran controversia creada, que sobrepasou o ámbito académico, ao chocar coas correntes de pensamento predominantes na época. (A oposición máis forte non veu, como se adoita crer, das posturas creacionistas da Igrexa, senón da propia Ciencia, en especial da Física).

Podemos trazar cinco aspectos básicos da teoría exposta por Darwin na súa obra: