Artrópodos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Artrópodos
(Arthropoda)

Rango fósil: cámbricoactualidade
Collage de artrópodos modernos e extinguidos
Collage de artrópodos modernos e extinguidos
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Ecdysozoa
Filo: Arthropoda
Latreille, 1829
Sufilos e Clases

Os artrópodos (Arthropoda, do grego ἄρθρον, árthron, "articulación" e πούς, ποδός poús, podós, "perna") son un filo de animais caracterizados por teren un exoesqueleto (esqueleto externo), o corpo segmentado e provisto de apéndices articulados.

Constitúen o filo máis numeroso e diversificado do reino animal, e inclúe, entre outros, aos insectos, arácnidos, crustáceos e miriápodos. Coñécense case 1 200 000 especies descritas, a súa maioría insectos (un millón),[1] [2] que representan polo menos o 80 % de todas as especies animais coñecidas.

Varios grupos de artrópodos están perfectamente adaptados á vida no aire, igual que os vertebrados amniotas, e a diferenza de todos os demais filos de animais, que son acuáticos ou requiren ambientes húmidos.

A súa anatomía, a súa fisioloxía e o seu comportamento revelan un deseño simple pero admirabelmente eficaz. Os artrópodos existen en todos os ambientes da terra: no mar, na auga doce, no medio terrestre e no ar. Existen tamén moitas formas parasitas e simbióticas.

Orixe[editar | editar a fonte]

Pode ser que os primeiros artrópodos foran similares aos seus presuntos antecesores, os anélidos. O seu corpo era longo e brando, e tiña moitos segmentos ou metámeros, todos eles moi similares entre si e equipados cun par de patas. Posteriormente a superficie do corpo endureceuse até formar un esqueleto externo ou cutícula constituído por quitina, proteínas, lípidos e sales de calcio.

Hai rexistos fósiles de artrópodos desde o período cámbrico.

Pénsase que as formas Parvacornia e Spriggina da fauna de Ediacara, de hai uns 555 millóns de anos, eran artrópodos.[3] [4] [5]

Pequenos artrópodos con cunchas semellantes ás dos bivalvos encontráronse en xacementos de fósiles do cámbrico temperán], de 541 a 539 millóns de anos de antigüidade, en China.[6] [7]

Os primeiros fósiles de trilobites cámbricos datan duns 530 millóns de anos, pero a clase xa estaba bastante diversificada en todo o mundo, o que suxire que xa existira durante algún tempo antes.[8] A revisión nos anos 1970 dos fósiles dos xistos de Burgess de hai cerca de 505 millóns de anos permitiron identificar numeosos artópodos, algúns dos cales non se poderían asignar a ningún dos grupos coñecidos, o que intensificou o debate acerca da explosión cámbrica.[9]

Os fósiles máis antigos de crustáceos datan de hai aproximadamente 513 millóns de anos, no cámbrico.[10] O arácnido máis antigo coñecido é Palaeotarbus jerami, de hai sobre uns 420 millóns de anos, no silúrico.[11] E o máis antigo insecto fósil é Rhyniognatha hirsti, do devónico, datado entre 396 e 407 millóns de anos, pero as súas mandíbulas son dun tipo que se encontra só en insectos alados, o que suxire que os primeiros insectos apareceron no período silúrico.[12]

Características xerais[editar | editar a fonte]

Nota: para as características pariculares de cada orde, véxanse os arigos correspondentes.

Os artrópodos constitúen unha das grandes divisións do reino animal, subdividida á súa vez en diversas clases, algunhas das cales contan con gran número de xéneros e especies. Denomínanse así por estaren provistos de patas articuladas. Pero en realidade non son sá as patas, senón todo o corpo o que está formado por varios segmentos unidos entre sí por medio de articulacións, así como os sertmentos dos apéndices.

A pesar da súa variedade e disparidade, os artrópodos posúen en común características morfolóxicas e fisiolóxicas comúns fundamentais:

Anatomía dos artrópodos[editar | editar a fonte]

Comparación da anatomía dunha chinche (insecto) e dunha araña (arácnido).

Os artrópodos teñen o corpo segmentado (2), envolvido nun exosqueleto quitinoso, con varios apéndices articulados (1). Os apéndices están especializados para a alimentación, para a percepción sensorial, para defensa e para a locomoción. Son estas "patas articuladas" as que dan o nome ao filo e os que o separan dos filos máis próximos, os onicofóros e os tardígrados.

Os segmentos poden estaren agrupados en rexións do corpo, denominadas tagmas, tipicamente:

Porén, en varios grupos, como os cangrexos, arañas, escorpións e lagostas, a cabeza e o tórax están unidos, formando o chamado cefalotórax protexido por unha peza única do caparazón, o cacho. Nos quelicerados, o corpo está dividido en prosoma e opistosoma.

O primeiro segmento da cabeza é denominado acron, e normalmente leva os ollos, que poden ser simples ou compostos. O último segmento do abdome (3) remata no telson. Cada segmento contén, polo menos primitivamente, un par de apéndices.

Fisioloxía dos artrópodos[editar | editar a fonte]

Os artrópodos respiran por un sistema de traqueas, túbulos que abren ao exterior a través de poros ou pequenos orificios na cutícula denominados espiráculos, que se estenden por todo o corpo facilitando o intercambio de gases. Os artrópodos acuáticos teñen branquias ligadas ao sistema de traqueas.

O sistema circulatorio dos artrópodos consiste nun conxunto de corazóns que se dispoñen ao longo do corpo e que bombean a hemolinfa (o "sangue" destes animais, que moitas veces non contén hemoglobina, que contén ferro, senón hemocianina, que contén cobre), e que se acha bañando os tecidos.

Os artrópodos son protóstomos, e posúen un celoma reducido a un espazo ao redor dos órganos da reprodución e da excreción.

Galería de representantes dos cinco subfios de artrópodos[editar | editar a fonte]

Filoxenia dos artrópdos[editar | editar a fonte]

Durante moitas décadas, as relacións filoxenéticas dos celomados baseáronse na concepción dos articulados de Cuvier,[16] un clado formado por anélidos e artrópodos. Numerosas análises morfolóxicas modernas baseados en principios cladísticos corroboraron a existencia do clado Articulata, por exemplo, Brusca & Brusca,[2] Nielsen[14] ou Nielsen et al.,[15] entre outros.

Porén diversas análises cladísticas, como a de datos combinados de Zrzavý et al.[13] chegaron á conclusión de que anélidos e artrópodos non están directamente relacionados. A presenza de metamerización en anélidos e artrópodos debería considerarse, pois, como una converxencia evolutiva. Polo contrario, estes estudos propoñen o clado Ecdysozoa no que os artrópodos mostran estreitas relacións filoxenéticas con grupos de pseudocelomados, como nematodos, nematomorfos, priapúlidos e quinorrincos, pola presenza compartida dunha cutícula quitinosa e un proceso de muda (écdise) da mesma.

A filoxenia dos artrópodos foi moi controvertida, cunha enfrontada polémica entre os partidarios dp monofiletismo e os do polifiletismo. Snodgrass [17] e Cisne [18] defenderon o monofiletismo, aínda que o primeiro considera os artrópodos divididos en Arachnata + Mandibulata, e o segundo interpreta que se dividirían en esquizorrámeos e atelocerados. Tiegs e Manton [19] defenderon o difiletismo, cos artrópodos divididos en esquizorrámeos + unirrámeos e os onicóforos como grupo irmán de miriápodos + hexápodos.

Posteriormente, Manton [20] e Anderson [21] sostiveron o polifiletismo do grupo.

Coa aparición dos primeiros estudos baseados en datos moleculares e análises combinadas de datos morfolóxicos e moleculares, parece que a antiga polémica sobre monofilia e polifilia quedou superada, xa que todos eles corroboran que os artrópodos son un grupo monofilético en que se inclúen tamén os tardígrados (o clado deuse en chmaat panartrópodos); a maioría tamén propoñen a existencia do clado mandibulados. Porén, xurdiron novas controversias, sobre todo ao redor de dúas hipóteses alternativas mutuamente excluíntes que están sendo debatidas en numerosos artigos sobre filoxenia e evolución de artrópodos: atelocerados (miriápodos + hexápodos) (Wheeler)[22]


Cladograma A versus Cladograma B [pancrustáceos (crustáceos + hexápodos)]

(Segundo Giribert & Ribera)[23]

Mandibulata

Crustacea


Atelocerata
___

Myriapoda



Hexapoda




A
Mandibulata

Myriapoda


Pancrustacea
___

Crustacea



Hexapoda




B

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Chapman, A. D. (2009): Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services. ISBN 978-0-642-56861-8
  2. 2,0 2,1 2,2 R. C. Brusca e G. J. Brusca (2003): Invertebrates. Sunderland, Massachusetts (EE.UU.): Sinauer Associates. Extracto (Tradución para o castelán en 2005, Véxase "Bibliografía").
  3. Glaessner, M. F. (1958). "New fossils from the base of the Cambrian in South Australia" (PDF). Transactions of the Royal Society of South Australia 81: 185–188. http://www.samuseum.sa.gov.au/Journals/TRSSA/TRSSA_V081/TRSSA_V081_p185p188.pdf. 
  4. A Parvancorina-like arthropod from the Cambrian of South China. 18. 2006. pp. 33–45. DOI:10.1080/08912960500508689. 
  5. McMenamin, M. A. S (2003). "Spriggina is a trilobitoid ecdysozoan" (abstract). Abstracts with Programs (Geological Society of America) 35 (6): 105. http://gsa.confex.com/gsa/2003AM/finalprogram/abstract_62056.htm. 
  6. Braun, A., J. Chen, D. Waloszek e A. Maas (2007). "First Early Cambrian Radiolaria" (PDF). Special Publications (Geological Society, London) 286: 143–149. DOI:10.1144/SP286.10. ISSN 10.1144/SP286.10. http://biosys-serv.biologie.uni-ulm.de/Downloadfolder/PDFs%20Team/2007b_Braun_etal.pdf. 
  7. "Towering sponges in an Early Cambrian Lagerstätte: Disparity between nonbilaterian and bilaterian epifaunal tierers at the Neoproterozoic-Cambrian transition". Geology 30 (4): 363–366. abril 2002. DOI:10.1130/0091-7613(2002)030<0363:TSIAEC>2.0.CO;2. ISSN 0091-7613. 
  8. Lieberman, B. S. (1 de marzo de 1999). "Testing the Darwinian legacy of the Cambrian radiation using trilobite phylogeny and biogeography". Journal of Paleontology 73 (2): 176. http://jpaleontol.geoscienceworld.org/cgi/content/abstract/73/2/176. 
  9. Whittington, H. B. (1971): "Redescription of Marrella splendens (Trilobitoidea) from the Burgess Shale, Middle Cambrian, British Columbia", Geological Survey of Canada Bulletin 209: 1–24.
  10. Budd, G. E.; Butterfield, N. J. e Jensen, S. (decembro de 2001): "Crustaceans and the "Cambrian Explosion″", Science 294 (5549): 2047.
  11. Dunlop, J. A. (setembro de 1996): "A trigonotarbid arachnid from the Upper Silurian of Shropshire", Palaeontology 39 (3): 605–614, PDF.
  12. Engel, M. S. e Grimaldi, D. A. (febreiro de 2004): "New light shed on the oldest insect", Nature 427 (6975): 627–630.
  13. 13,0 13,1 Zrzavý, J.; Mihulka, S.; Kepka, P.; Bezdék, A. & Tietz, D. (1998): "Phylogeny of Metazoa based on morphological and 18S ribosomal DNA evidence". Cladistics, 14 (3): 249-285.
  14. 14,0 14,1 Nielsen, C. (1985): "Animal phylogeny in the light of the trochaea theory". Biol. J. Linnean Soc., 25: 243-299.
  15. 15,0 15,1 Nielsen, C., Scharff, N. & Eibye-Jacobsen, D. (1996): "Cladistic analyses of the animal kingdom". Biol. J. Linnean Soc., 57: 385-410.
  16. Cuvier, G. (1812): "Sur un nouveau repprochement à establir entre les classes qui composant le Règne Animal". Ann. Mus. Hist., 19: 73-84.
  17. Snodgrass, R. E. (1938): "The evolution of Annelida, Onychophora, and Arthropoda". Smithson. Misc. Coll., 97: 1-159.
  18. Cisne, J. L. (1974): "Trilobites and the origin of Arthropods". Science, 186: 13-18.
  19. Tiegs, O. W. & Manton, S. M. (1958): "The evolution of the Arthropoda". Biol. Rev., 33: 255-337.
  20. Manton, S. (1964): "Mandibular mechanisms and the evolution of Arthropods". Philos. Trans. R. Soc. Lond. (Ser. B, Biol. Sci.), 247: 1-183.
  21. Anderson, D. T. (1973): Embryology and Phylogeny in Annelids and Arthropods. Oxford, New York: Pergamon Press. ISBN 0-08-017069-2.
  22. Wheeler, W. C. (1998): "Sampling, grounplans, total evidence and the systematics of arthropods", en: R. A. Fortey & R. H. Thomas (eds.): Arthropod Relationships: 87-96. Chapman & Hall, London
  23. Giribert, G. & Ribera, C. (1998): "The position of arthropods in the animal kingdom: A search for a reliable outgroup for internal arthropod phylogeny". Mol. Phylog. Evol., 9: 481-488.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Artrópodos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Artrópodos

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brusca, R. C. e G. J. Brusca (2005): Invertebrados. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
  • Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole ISBN 0-03-025982-7.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Filos do Reino Animal
Acanthocephala | Acoelomorpha | Annelida | Arthropoda | Brachiopoda | Bryozoa | Chaetognatha | Choanozoa | Chordata | Cnidaria | Ctenophora | Cycliophora | Echinodermata | Entoprocta | Gastrotricha | Gnathostomulida | Hemichordata | Kinorhyncha | Loricifera | Micrognathozoa | Mollusca | Monoblastozoa | Nematoda | Nematomorpha | Nemertea | Onychophora | Orthonectida | Phoronida | Placozoa | Platyhelminthes | Porifera | Priapulida | Rhombozoa | Rotifera | Sipuncula | Tardigrada | Vetulicolia† | Xenoturbellida