Orangután
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa zooloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Orangután | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Pongo abelii Pongo pymaeus |
||||||||||||
Os Orangután (tamén chamados orang-utan) son dúas especies de grandes monos con brazos longos e pelo de cor avermellada, ás veces marrón. Ambas as dúas especies son nativas de Malaisia e de Indonesia. O nome orangután vén do malaio orang hutan, significando "home do bosque". Son a única especie existente do xénero Pongo e subfamilia Ponginae, aínda que a subfamilia tamén inclúe o extinto Gigantopithecus e xénero Sivapithecus.
Os orangutáns son os máis arbóreos dos grandes monos, pasando case todo o seu tempo nas árbores, facendo nelas novos niños cada noite. Soamente se atopan nos bosques húmidos das illas de Borneo e Sumatra. Estas dúas pequenas e illadas poboacións clasificáronse como subespecies ata recentemente, que se elevaron de nivel. Mais aínda, os primatoloxistas recoñecen agora tres subespecies do orangután de Borneo: P. p. pygmaeus no noroeste, P. p. morio no leste , e P. p. wurmbii no suroeste.
Os orangutáns están en gran perigo de extinción, debido á destrución do seu hábitat.
Como os outros grandes simios, son notablemente intelixentes, usando ferramentas acotío; publicáronse probas no xornal Science.
Non son feros máis que cos seus conxéneres; son animais solitarios e feramente territoriais.
Entre os principais centros de conservación, destacan os de Borneo de Semenggok en Sarawak, e Sepilok preto de Sandakan en Sabah.