Curro, Barro
Coordenadas: 42°30′35″N 08°40′30″W / 42.50972°N 8.675°W
| Curro | |
|---|---|
| Igrexa parroquial. | |
| Concello | Barro |
| Área | - km² |
| Poboación | 778 hab. (2009) |
| Entidades de poboación | 5 |
Santa María de Curro é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Barro. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 778 habitantes (390 mulleres e 388 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando contaba con 745 habitantes.
Índice |
Historia [editar]
En outubro de 2009 levouse a cabo por parte de voluntarios da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica a escavación dunha foxa, no adro da igrexa parroquial, onde se soterrou ao xornalista de 19 anos Ramón Barreiro Rodríguez, veciño de Barro, e ao electricista de 27 anos Castor Cordal Garrido, veciño de Cambados e afiliado á CNT. Foron fusilados na madrugada do 15 de setembro de 1936 preto da estrada a Pontevedra, e soterrados á noitiña.
Patrimonio [editar]
Na igrexa de Santa María de Curro consérvanse tres pezas dun baldaquino incrustadas nas paredes das escaleiras de subida ó adro.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Curro, Barro.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Curro [editar]
| Lugares da parroquia de Curro no concello de Barro (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Bretoña | Couso | Currás | Fonte do Curro | Outeda |
Parroquias de Barro [editar]
| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Barro | |
|---|---|
|
Agudelo (San Martiño) | Barro (San Breixo) | Curro (Santa María) | Perdecanai (Santa María) | Portela (San Mamede) | Valiñas (Santo André) |