Breixo, mártir
Breixo | |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Século III |
Pasamento | Século III |
Proceso de canonización | |
Veneración |
Breixo mártir ou San Breixo[1] de Lisboa é un santo do século III da Igrexa Católica cuxa festividade litúrxica se celebra o 1 de outubro. Foi especialmente venerado na Gallaecia e na Lusitania e máis tarde no Reino de Galicia e no Reino de Portugal. Nos territorios da actual Galicia e Portugal existen aínda un número considerable de parroquias e lugares baixo súa a advocación. O mosteiro de Santos-o-Novo de Lisboa garda as principais das súas reliquias.
Lenda[editar | editar a fonte]
As súas irmás Xulia e Máxima convertérono ao cristianismo. Adicaban a súa vida á acollida de pobres e doentes. Durante a persecución de Diocleciano desafiaron a autoridade imperial e fixeron pública a súa fe cristiá. Foron torturados con vergallazos, láminas de lume e cravos. Como non declinaron a súa actitude rebelde nin acataron os edictos imperiais, foron arrastrados polas rúas e, finalmente, decapitados. Ordenouse que os seus cadáveres ficasen insepultos para seren devorados polas alimañas. Pero estas respectaron os corpos. Ordenouse, xa que logo, guindalos ao mar, pero o mar devolveunos á ribeira. Por fin, algúns cristiáns sepultáronos clandestinamente.
Fontes[editar | editar a fonte]
Ademais da tradición nacional galaico-portuguesa, existen referencias á súa condición de mártir no Martyrologium de Usuardo que se remonta ao século IX. O seu martirio e os lendarios prodixios que o seguiron atópanse recollidos no Códice CV-23d depositado na Biblioteca de Évora.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Artigo en lugopress.com Arquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)
- Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media por José Carlos Sánchez Pardo. (en castelán).