Kenzō Tange

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Kenzo Tange")
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

Kenzō Tange (丹下健三, Tange Kenzō), nado en Sakai o 4 de setembro de 1913 e finado en Toquio o 22 de marzo de 2005, foi un arquitecto xaponés gañador do Premio Pritzker de Arquitectura no ano 1987. Foi un dos máis significativos arquitectos do século XX, mesturando o estilo tradicional xaponés co modernismo, e deseñando edificios monumentais ao longo de todo o mundo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No ano 1949 gañou a competición do redeseño de Hiroshima, logo da bomba atómica no ano 1945. O seu deseño para o Parque da Paz e o Memorial da Paz lembran moito a Le Corbusier, e son chamados moitas veces como "o corazón espiritual da cidade". Unha das razóns polas que fixo o proxecto foi que el estudara nesa cidade na súa xuventude.

Tange gañou fama e recoñecemento internacional polo seu deseño do ximnasio para os Xogos Olímpicos de 1964 en Toquio. Unha referencia do Premio Pritzker descríbeo como "un dos edificios máis bonitos do século XX". Tamén foi coñecido polo seu "Plan para Toquio" no 1960, no cal fixo unha proposta radical para o redeseño da cidade. Aínda que non foi aplicado na súa totalidade, marcou moita influencia en arquitectos de todo o mundo.

No ano 2005, o seu funeral foi realizado nun dos seus traballos, a Catedral de Toquio.

Principais proxectos[editar | editar a fonte]

  • Parque da Paz de Hiroshima (1955)
  • Edificio Gobernamental da prefectura de Kagawa, Takamatsu (1958)
  • Catedral da Santa María de Toquio (1964)
  • Yoyogi, Ximnasio Nacional para os Xogos Olímpicos de 1964 (1964)
  • Emprazamento da Expo '70, Suita, Osaca (1970)
  • Hanae Mori Edificio Aoyama, Toquio (1979)
  • Universidade Tecnolóxica de Nanyang (1986)
  • Edificio do Goberno Metropolitano de Toquio, Shinjuku (1991)
  • Edificio da Televisión Fuji, Odaiba, Toquio (1996)
  • WKC Centro de denselvolvemento da Saúde, Kobe (1998)
  • Hotel Tokyo Dome (2000)
  • Hwa Chong Institution Boarding School, Singapur (2005)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]