Territorio da Capital Federal de Nixeria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do Territorio da Capital Federal dentro de Nixeria.

O Territorio da Capital Federal é a unidade territorial e administrativa que abriga a capital de Nixeria, Abuja. A súa poboación estímase en 1.868.217 habitantes (2010).[1] Creouse o 3 de febreiro de 1976 de partes dos estados de Nasarawa, Níxer e Kogi. A diferenza do resto das subdivisións de Nixeria, non ten un goberno proveniente de eleccións, senón que a súa administración recae sobre alguén nomeado polo presidente de Nixeria.

Cunha área de 7.315 km², atópase ao norte da confluencia dos ríos Benue e Níxer, e limita co estado de Níxer polo oeste e norte, co estado de Kaduna polo noreste, co estado de Nasarawa polo leste e sur, e co estado de Kogi polo suroeste.

Concellos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""Worl Gazetteer"". Arquivado do orixinal o 2013-04-28. http://archive.is/hnqhj. Páxina visitada o 24-11-2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externa[editar | editar a fonte]