A Bola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Bola
Escudo da Bola
Casa do Concello.
Situación
Xentilicio[1]bolés/bolesa
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Celanova
Poboación1.069 hab. (2023)[2][3]
Área34,9 km²[3]
Densidade30,63 hab./km²
Entidades de poboación107[4]
Capital do concelloCampo de Veiga
Política (2023 [5])
AlcaldesaMaría Teresa Barge Bello (PPdeG[6])
ConcelleirosBNG: 3
PPdeG: 6

Eleccións municipais na Bola
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes90,78%
Na rede
concelloabola.gal
editar datos en Wikidata ]

A Bola é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2015 tiña 1339 habitantes (1549 en 2004 e 1540 en 2003). O xentilicio é bolés.[8]

Toponimia[editar | editar a fonte]

O Concello da Bola débelle o seu nome á bóla granítica situada no lugar da Bola. Foi alterada por unha serie de fracturas perpendiculares á superficie, formándose barrocais de bólas amoreadas unhas sobre as outras, en equilibrio natural sobre unha das súas superficies máis pequenas.

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 1339 (2015)
Menores de 15 anos 78 (5.83 %)
Entre 15 e 64 anos 687 (51,31 %)
Maiores de 65 anos 574 (42,87 %)
Evolución da poboación da Bola   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4043 3988 3906 2248 1549 1463 1436 1398 1361 1350 1339 1270 1251 1199 1156 1113 1075
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello, de 39,9 km², limita ao norte coa Merca, ao sur con Verea, ao leste con Allariz e Vilar de Santos, e ao oeste con Celanova.

Está situado nunha zona de media montaña, preminentemente chá, nos contrafortes da cara leste da serra do Leboreiro, ao pé dos cumios do Forriolo, Monte Calvo e San Cibrao. A altitude media está entre os 500 e 600 m. A altitude máxima é o monte do San Cibrao (914 m), e a mínima no regato de Fechiñas, no límite con Celanova e A Merca (300 m), ao noroeste.

Ten un clima continental, cunha temperatura media anual de 10,5 °C e unha amplitude térmica de 13,4 °C. , Hai un prolongado período de frío entre novembro e abril, e a precipitación anual media é de 1038 mm, cunha acusada seca no verán.

A hidrografía está determinada polo curso medio do río Arnoia e por varios afluentes, destacando entre eles o río Orille. Este curso, procedente de Verea, delimita boa parte dos límites occidentais do concello. Nel desembocan os regatos das Momoelas, da Amunía, do Castro e do Porto, na zona sur do concello, e con dirección leste-oeste. Na zona norte os ríos Fechiñas e Porto conflúen pouco antes de saír do concello e desaugar no Arnoia.

Cara ao leste está a zona máis accidentada, no Monte Calvo e no Forriolo, que dividen as cuncas do río Limia e do Miño.

Política[editar | editar a fonte]

As últimas eleccións municipais deixaron a situación da Bola deste xeito[9]:

Eleccións municipais, 2 de xuño de 2015
Partido Votos % Concelleiros/as
PP 639 66,01 % 6
BNG 278 28,72 % 3
PSOE 31 3,2 % 0

Historia[editar | editar a fonte]

Polo concello pasaba a Vía XVIII do itinerario de Antonino, pero non tivo unha gran poboación. A zona comezou a repoboarse cara aos séculos IX (época da construción do mosteiro de San Munio de Veiga) e X.

Na Idade Media o concello estivo baixo influencia do mosteiro de San Salvador de Celanova, estando baixo a súa xurisdición parte do territorio. Outras zonas do municipio estaban baixo as xurisdicións de Berredo, Fruíme, Vilaverde e Sorga, da baixa nobreza, e a de Vilariño do Campo, pertencente ao conde de Maceda. O mosteiro de San Munio da Veiga era independente do de Celanova debido a que era responsable da Encomenda de San Marcos de León, integrada na Orde de Santiago.

Na Idade Moderna construíronse os pazos de Berredo, Podentes e Sorga.

No século XIX as xurisdicións deron paso aos concellos constitucionais de Berredo e Soutomel, que en 1835 se fusionaron no da Bola.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes da Bola.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Bola

Berredo (San Miguel) | Pardavedra (Santiago) | Podentes (Santa María) | San Martiño de Berredo (San Martiño) | Santa Baia de Berredo (Santa Baia) | Sorga (San Mamede) | Soutomel (Santa Locaia) | Veiga (San Munio)


Lugares da Bola[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Bola vexa: Lugares da Bola.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "A Bola".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 43. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  9. Resultados electorales en Ourense - A Bola, 2 de Junio de 2015

Véxase tamén[editar | editar a fonte]