Alto do Forriolo
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Lois Antón Pérez depositando flores no monumento aos represaliados no Alto do Furriolo.
Coordenadas: 42°06′51″N 7°53′11″O / 42.11417, -7.88639
O Alto do Forriolo[1] é un cumio galego situado a 858 metros de altitude, situado no límite entre as parroquias de San Martiño de Berredo (A Bola) e Lampaza (Rairiz de Veiga). Recibe o seu nome da aldea do Forriolo.
Historia[editar | editar a fonte]
Está situado ao pé da estrada que une Celanova e Xinzo de Limia (actual OU-531). O 18 de agosto de 1936 foron asasinados alí Eduardo Villot Canal e Celso Pérez Enríquez, logo de seren sacados da prisión do mosteiro de Celanova[2][3].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Instituto Geográfico Nacional (2002): Mapa Topográfico Nacional de España 1:25.000, 263-III.
- ↑ Méndez Ferrín, X. L. (1 de setembro de 2006). "No Furriolo (1)". Faro de Vigo.
- ↑ Méndez Ferrín, X. L. (4 de setembro de 2006). "No Furriolo (2)". Faro de Vigo.