Saltar ao contido

Sífilis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sífilis
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento consúltello ao médico.
Treponema pallidum
 Aspecto de
 Causado por
 Estudado por
Características
 Especialidade médica
 Fármacos para tratamento
 Proceso de transmisión
Identificadores
MeSHD013587 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB29054 Editar o valor en Wikidata
CIE-11455894495 Editar o valor en Wikidata
CIE-10A51.0 Editar o valor en Wikidata
CIE-9090 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus000861 Editar o valor en Wikidata
eMedicine229461 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC3018810166, C2908804808, C2776983459, C2909611442, C2910147798 e C2908682542 Editar o valor en Wikidata
KEGGH00354 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX529532
Wikidata C:Commons

A sífilis ou lúes é unha enfermidade infecciosa de transmisión sexual. Tamén se coñece como gálico ou morbo gálico, así como mal cativo [1], mal francés, mal español ou mal ruín.

Etioloxía

[editar | editar a fonte]

A enfermidade está producida pola Treponema pallidum, unha espiroqueta (con forma de fío en espiral) pertencente á orde Spirochetales, familia Treponemataceae. Esta bacteria mide de 0,1 a 0,2 micrómetros de grosor e entre 5 e 15 micrómetros de lonxitude.

Transmisión

[editar | editar a fonte]

A sífilis transmítese por contaxio directo, a través de relacións sexuais (sífilis adquirida). Tamén se pode difundir da nai ao feto por medio da placenta, neste caso dáselle o nome de sífilis conxénita[2].

Síntomas

[editar | editar a fonte]

1º Fase Logo dun período de incubación de 10 días a 6 semanas (a media son 3 semanas), no sitio de inoculación -a boca, o pene, a vaxina ou o ano- preséntase unha bocha non dolorosa que rapidamente se ulcera, converténdose nunha chaga circular ou ovalada de bordo avermellado, parecida a unha ferida aberta, chamada chancro. É característica a súa consistencia cartilaxinosa, con base e bordos duros. Nesta fase tamén aparecen adenopatías [3] rexionais.

2º Fase Pode presentarse medio ano logo da desaparición do chancro e dura de tres a seis meses, provocando ronchas rosáceas indoloras chamadas cravos sifilíticos nas palmas das mans e plantas dos pés (aínda que ás veces poden aparecer noutros sitios como peito, cara ou costas), febre, dor de garganta e de articulacións, perda de peso, caída de cabelo, cefaleas e falta de apetito. Non é común que as lesións na muller sexan tan visibles. Ás veces brotan ao redor dos xenitais e ano unhas erupcións planas chamadas condiloma latum.

3º Fase Na terceira fase (chamada tamén fase final), a sífilis vólvese espertar para atacar directamente ao sistema nervioso ou algún órgano. Nesta fase prodúcense os problemas máis serios e pode chegar a provocar a morte. Algúns dos síntomas son trastornos oculares, cardiopatías, lesións cerebrais, lesións na medula espinal, perda de coordinación das extremidades, aneurisma sifilítico ou luético etc.

A tolemia causada pola sífilis na súa última etapa foi algunha vez o tipo de demencia máis común.

Tratamento

[editar | editar a fonte]

No Hospital Real de Todos os Santos, en Lisboa, se atopaba a “Casa das Boubas”, un pavillón illado destinado ao tratamento dos pacientes con sífilis, que estaba en funcionamento cando menos desde 1504. Nesta enfermaría existía unha organización específica para a disposición da roupa de cama, e os doentes eran atendidos co maior coidado. Semella ser a primeira enfermaría do mundo especializada no tratamento de pacientes sifilíticos, onde recibían unha atención diferenciada[4][5].

Antigamente tratábase con mercurio, o cal fixo famosa a frase Unha noite con Venus e unha vida con Mercurio, pero este tratamento era máis tóxico que beneficioso e na actualidade utilízase a penicilina e outros antibióticos. Pódese curar facilmente con antibióticos durante a fase primaria e secundaria. A penicilina tamén actúa na última etapa aínda que nese caso debe ser penicilina g-sódica, xa que é a única forma de que se difunda o antibiótico polo líquido cefalorraquídeo, que é onde se atopa a bacteria durante esta última fase. O tratamento con penicilina pode provocar nalgúns pacientes a denominada Reacción de Jarisch-Herxheimer (reacción febril de tipo agudo que con frecuencia vén acompañada por calafríos, febre, náuseas etc.).

Tratada a tempo, a enfermidade ten cura sinxela sen deixar secuelas. Se non se trata a tempo, pode ocasionar demencia, problemas circulatorios, cegueira, parálise, trastornos neurolóxicos, ulceracións na pel. Nalgúns casos, as persoas que supostamente xa obtiveron a cura aínda poden infectar aos demais.

O padecer a sífilis aumenta o risco de contraer outras enfermidades de transmisión sexual (coma o VIH), xa que os chancros son unha vía fácil de entrada do virus no organismo.

  1. Unha cantiga recollida por Álvaro das Casas di así: Cara de leite fervido,/ xa me dixo miña nai/ que tiñas o mal cativo ("Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 95, 15.11.1931, 216.
  2. A sífilis conxénita está practicamente eliminada nos países máis desenvolvidos. Así en Galicia houbo catro casos entre 1997 e 2005 (tres deles de nai inmigrante) fronte aos 68 casos de sífilis só no ano 2005 Boletín Epidemiolóxico de Galicia, Vol. XIX, número 1, 2006 páx. 2 (PDF)
  3. Infartación dos ganglios linfáticos que drenan a zona da inoculación.
  4. ALMEIDA, Andreia (2025). Apontamentos para a História da Sífilis em Portugal. KDP. 
  5. Pina, Luís (1939). Documentos para a História Médica Nacional Ultramarina, Separata da Medicina Contemporânea. Imprensa Portuguesa. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]