Savona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Savona (Sann-a en lingua lígur, dialecto savonés, pronunciado "Sanha" con n nasal velar) é unha cidade de Italia, capital da provincia homónima na rexión da Liguria.

A Torre León Pancaldo, símbolo da cidade de Savona ("A Torretta")

Xeografía e Turismo[editar | editar a fonte]

Cos seus 61.946 habitantes (2007), foi sempre un porto importante da rexión e é hoxe central de chegada de numerosos cruceiros.

Atópase a 45 km. da capital da rexión, Xénova e ten conexión directa por ferrocarril e estrada (A6 Savona-Torino) con Turín.

Pola súa importancia de tráfico de mercancías e como central de cruceiros, é o segundo porto da Liguria despois de Xénova e figura entre os primeiros de Italia e do Mediterráneo.

É a saída ó mar dunha parte da industria das rexións do Piemonte e da Lombardía e ten unha importante actividade ferroviaria debido ás vías que a atravesan, que se dirixen ata o próximo territorio francés.

Esténdese por unha área de 65 km2, tendo unha densidade de poboación de 953 hab/km2. Fai fronteira con Albissola Marina, Albisola Superiore, Altare, Cairo Montenotte, Quiliano e Vado Ligure, na mesma provincia.

Entre os seus monumentos están a famosa Torretta León Pancaldo, o Cû de Bêu (a vella dársena), a Fortaleza do Priamar, a Catedral e a Capela Sistina, o Prolungamento, a Campanassa (torres medievais) e a Madonnetta.

Historia[editar | editar a fonte]

Antigo centro dos Lígures Sabacios, a cidade lígur foi aliada de Cartago na segunda guerra púnica contra Roma, entón aliada de Xénova.

Roma someteu finalmente Savona sobre o 180 a.C. e deulle o nome de Savo Oppidum Alpinum.

En épocas romanas Savona suplantou desde fins do segundo século a.C. o rol de Xénova como porto principal da Liguria.

A Savona atribúese a invención do xabón sólido, de feito é interesante notar a relación entre o nome desta cidade e a palabra francesa "savon" (xabón).

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Savona está irmandada con:

Imaxes[editar | editar a fonte]