Hartmut Heine
Hartmut Heine | |
---|---|
Nacemento | 1945 |
Lugar de nacemento | Wismar |
Nacionalidade | Alemaña |
Alma máter | Universidade de Londres |
Ocupación | historiador |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Hartmut Heine, nado en Wismar en 1945, é un historiador alemán.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ingresou mozo no exército alemán, no que permaneceu catro anos. Pasou un ano en Berlín e despois trasladouse a Inglaterra onde estudou o bacharelato inglés, e licenciouse en Historia na Universidade de Londres. Fixo un máster dirixido por Hugh Thomas, elaborou unha tesiña sobre a guerrilla antifranquista en Galicia e fixo a tese de doutoramento sobre a oposición política ao franquismo de 1939 a 1952, dirixida por Paul Preston. Nos anos setenta visitou Galicia para documentarse sobre a guerrilla. Foi catedrático de Hispanística da Universidade Libre de Berlín.[1]
En 2009 inaugurou o Congreso sobre a guerrilla antifranquista en Galicia.[2]
Obras[editar | editar a fonte]
- "La evolución política en Galicia (1939-1975)", Cuadernos de Ruedo Ibérico, 51/53, maio/outubro de 1976.[3]
- A guerrilla antifranquista en Galicia, 1980, Edicións Xerais de Galicia.
- La oposición política al franquismo. De 1939 a 1952, 1983, Crítica.
- La oposición al franquismo en Andalucía oriental, 2005, Fundación Salvador Seguí.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- "Organizaciones políticas y sindicales ante el exilio" en Emigración y exilio: españoles en Francia 1936-1946, 1996.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Heine, Hartmut". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.