Castro de Rei de Lemos, Paradela
| Castro de Rei de Lemos | |
|---|---|
Igrexa de Santa María de Castro de Rei de Lemos. | |
| Concello | Paradela[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°42′45″N 7°34′28″O / 42.712527777778, -7.5744722222222 |
| Poboación | 429 hab. (2020) |
| Entidades de poboación | 40[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa María de Castro de Rei de Lemos é unha parroquia do concello lugués de Paradela na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 576 habitantes, deles 294 eran homes e 282 eran mulleres, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano anterior, 2006. En 2021 tiña 420 habitantes segundo o INE.
Toponimia
[editar | editar a fonte]A orixe do topónimo é o latín castrum, que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.[2][3]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Abundan os nomes de “medorra” e “mámoa”, o que testemuña a presenza de megálitos.
O lugar de Mosteiro Vello fala dun mosteiro anterior ao mosteiro de Santa María de Castro de Rei, do século XII, do que quedan restos na igrexa, cunha ábsida románica. Dependeu de Carracedo e Montederramo. Sufriu un incendio en 1936, e foi posteriormente restaurado.
Capela das Neves de Cerxedo, con retablo maior barroco, dos séculos XVII-XVIII. Existen tamén a capela de San Roque de Feás, a capela de San Xosé e San Martiño en Paredes de Abaixo e a capela da Inmaculada.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Santa María de Castro de Rei de Lemos.
- Igrexa de Santa María de Castro de Rei de Lemos.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Castro de Rei de Lemos
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Castro de Rei de Lemos no concello de Paradela (Lugo) | |
|---|---|
|
Abelleiroá | Acevedo | Bacorelle | Bariz | As Barreiras | Bidueiro | As Bustaregas | Carballedo | A Carballosa | Cerxedo | Os Chaos | A Enxamea | Espiño | Feás | Ferreira | Foilebar | O Folgar | Hedrada | A Mámoa | A Matanza | O Mazo | Mide | Mosteiro Vello | Paredes de Abaixo | Paredes de Arriba | A Parrocha | Pena Corveira | Pereiro | Portocarreira | Preselas | Rañadoiro | As Reigañas | O Sacadoiro | San Martiño | A Seara | Uceira Branca | Val do Couto | Valmigallo | Vilachá | Zouro |
Parroquias de Paradela
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para castro.
- ↑ "Entrada castro en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2018. Consultado o 30 de outubro de 2018.