Vittorio Brambilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vittorio Brambilla
Vittorio Brambilla.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Italia Italia
Anos en activo 19741980
Escudería(s) March, Surtees, Alfa Romeo
Grandes Premios disputados 79 (74 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 1
Podios 1
Pole positions 1
Voltas rápidas 1
Primeiro GP Gran Premio de Suráfrica de 1974
Primeira vitoria Gran Premio de Austria de 1975
Derradeira vitoria Gran Premio de Austria de 1975
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1980

Vittorio Brambilla, nado en Monza, Italia, o 11 de novembro de 1937 e finado en Lesmo, preto de Milán, o 26 de maio de 2001, foi un piloto italiano que competiu en Fórmula 1 nos equipos March, Surtees, e Alfa Romeo. Particularmente hábil conducindo en condicións de mollado, o seu alcumo era "O Gorila de Monza", debido ao seu estilo de pilotaxe a miúdo demasiado agresivo e polo seu machismo.

Foi especialmente coñecido pola súa rutina de 'Punch & Crunch', na cal, el saudaba á desafortunada vítima cun apertón de mans moi forte. Gozaba vendo o xesto de dor do receptor mentres eles tremían as mans para a continuación darlle un golpe na parte posterior do pescozo.

Andaina[editar | editar a fonte]

Brambilla comezou a competir coas motocicletas en 1957 e gañou o título nacional italiano de 175 cc en 1958. Antes de converterse en mecánico tamén competiu en karting. O seu irmán maior, Ernesto ("Tino"), foi tamén piloto de carreiras.[1]

Fórmula Tres, Fórmula Dúas[editar | editar a fonte]

Regresou á competición en 1968, en Fórmula 3 e gañou o campionato italiano en 1972, no momento en que xa estaba correndo en Fórmula 2, onde gañou varias carreiras e comprou o seu asento na Fórmula 1.

Fórmula Un[editar | editar a fonte]

March 1974-1976[editar | editar a fonte]

Brambilla pilotando un March 761 no Gran Premio de Alemaña de 1976.

No seu primeiro ano na Fórmula Un, Brambilla foi tan rápido como o seu compañeiro de equipo Stuck, aínda que propenso a máis accidentes. No GP de Suecia ía quinto ata que tivo un problema de motor. Brambilla terminou empatado no décimo oitavo posto, último, na tempada de 1974.[2] En 1975 sorprendeu a moitos no GP de Bélxica, onde liderou ata atoparse con problemas de freos logo de 54 voltas, e no Gran Premio de Suecia de 1975, onde marchaba na primeira posición ata que un fallo na transmisión obrigoulle a retirarse logo de 36 voltas. O seu gran día chegou en Österreichring en 1975, cando gañou un chuvioso Gran Premio de Austria. É lembrado por facer un trompo e esnaquizar o morro do seu coche mentres pasaba a bandeira a cadros e completou a súa volta de desaceleración volta coa parte dianteira do coche destruída, mentres saudaba ao xentío. Como se acurtou a carreira debido a choiva, completouse o 60% da distancia programada, só recibiu 4´5 puntos en lugar de 9 por levarse o triunfo.[3] Tivo un accidente máis grave nesa tempada, cando estrelou o seu March nunha nova curva en Watkins Glen durante a clasificación para o Gran Premio dos Estados Unidos de 1975. Bateu cun garda raíl, pero resultou ileso. A sesión terminou nese punto con Niki Lauda liderando. Antes do seu accidente Brambilla era o segundo máis rápido cunha volta de 190´24 km/h.[4] Durante 1976 sufriu varios accidentes e retiradas, logrando só un punto no Gran Premio dos Países Baixos de 1976. Cualificou o seu March na oitava posición no Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1976.[5] Na carreira Brambilla foi golpeado levemente por detrás por Carlos Reutemann antes de chegar á primeira curva.[6] E perdeu a roda traseira dereita do seu March na volta 35 do Gran Premio dos Estados Unidos de 1976 logo de marchar na quinta posición por un tempo.[7]

Surtees 1977-1978[editar | editar a fonte]

Brambilla pilotando un Surtees no Gran Premio do Reino Unido de 1978

En 1977, Brambilla trasladouse ao equipo Surtees, no que anotou seis puntos. Ao mesmo tempo tamén pilotou un para o equipo Alfa Romeo de coches deportivos, logrando o Campionato do Mundo por equipos. Brambilla logrou un tempo de 1:59:01.41 para cualificar oitavo o seu Surtees no Gran Premio de Mónaco de 1977.[8]

Brambilla continuou con Surtees na tempada de 1978. No Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1978 quedou 17º na clasificación, cun tempo de 1:23.212.[9] O seu 19 Beta Surtees TS terminou 14º logo de sufrir un fallo no motor na volta 50.[10]

Nunha montoneira múltiple en Monza en Gran Premio de Italia de 1978, na que morreu Ronnie Peterson, Brambilla sufriu feridas graves na cabeza ao ser golpeado por unha roda voadora durante a colisión múltiple na primeira volta. Recuperouse e volveu no Gran Premio de Italia de 1979.[11] Como consecuencia desa carreira, en outubro de 1978 anunciouse que o Gran Premio de Italia sería trasladado ao Autódromo Dino Ferrari en Imola para os seguintes tres anos[12] aínda que isto en realidade non sucedeu ata 1980 e o Gran Premio de Italia de 1979 celebrouse de novo en Monza.

Alfa Romeo 1979-1980[editar | editar a fonte]

Brambilla pilotou brevemente para o equipo Alfa Romeo de Fórmula Uno en 1979 e 1980. No primeiro día da fase de clasificación para o Gran Premio dos Estados Unidos de 1979 Brambilla fixo 134´98 km/h. Logo as fortes choivas causaron unha pista escorregadiza e tempos máis lentos.[13] En decembro de 1979 Alfa Romeo presentou o seu coche de carreiras de fórmula 1 para a tempada 1980. A empresa designou a Patrick Depailler, Brambilla, e Bruno Giacomelli como os seus pilotos. O coche era case idéntico a un pilotado por Giacomelli no Gran Premio de Italia de 1979 Era un modelo de automóbil cun V12 que xeraba máis de 520 CV. Alfa Romeo anunciou que estaba traballando nun motor turbo de 1.500 centímetros cúbicos que ía comezar as probas en pista nun coche de Fórmula Un no verán de 1980.[14]

Retirada e morte[editar | editar a fonte]

Brambilla retirouse ao final da tempada 1980. A principios de 1990, abriu unha tenda de recordos da Fórmula Un en Milán, en ocasións pilotaba o coche de seguridade durante o Gran Premio de Italia. Morreu dun ataque cardíaco á idade de 63 anos, mentres facía xardinería na súa casa. Segundo os informes, derrubouse, mentres cortaba o céspede.[15]

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Puntos
1974 Beta Tools / March Engineering March 741 Cosworth V8 ARX
BRA
RSA
10
ESP
NTS
BEL
9
MON
Ret
SWE
10
NED
10
FRA
11
GBR
Ret
ALE
13
AUT
6
ITA
Ret
CAN
NSC
USA
Ret
18º 1
1975 Beta Team March March 741 Cosworth V8 ARX
9
BRA
Ret
11º 6´5
March 751 RSA
Ret
ESP
5‡
MON
Ret
BEL
Ret
SWE
Ret
NED
Ret
FRA
Ret
GBR
6
ALE
Ret
AUT
1‡
ITA
Ret
USA
7
1976 Beta Team March March 761 Cosworth V8 BRA
Ret
RSA
8
USW
Ret
ESP
Ret
BEL
Ret
MON
Ret
SWE
10
FRA
Ret
GBR
Ret
ALE
Ret
AUT
Ret
NED
6
ITA
7
CAN
14
USA
Ret
XPN
Ret
19º 1
1977 Beta Team Surtees Surtees TS19 Cosworth V8 ARX
7
BRA
Ret
RSA
7
USW
Ret
ESP
Ret
MON
8
BEL
4
SWE
Ret
FRA
13
GBR
8
ALE
5
AUT
15
NED
12
ITA
Ret
USA
19
CAN
6
XPN
8
16º 6
1978 Beta Team Surtees Surtees TS19 Cosworth V8 ARX
18
BRA
NSC
RSA
12
USW
Ret
19º 1
Surtees TS20 MON
NSC
BEL
13
ESP
7
SWE
Ret
FRA
17
GBR
9
ALE
Ret
AUT
6
NED
DSC
ITA
Ret
USA
CAN
1979 Autodelta Alfa Romeo 177 Alfa Romeo Flat-12 ARX
BRA
RSA
USW
ESP
BEL
MON
FRA
GBR
ALE
AUT
NED
ITA
12
NC 0
Alfa Romeo 179 CAN
Ret
USA
NSC
1980 Marlboro Team Alfa Romeo Alfa Romeo 179 Alfa Romeo V12 ARX
BRA
RSA
USW
BEL
MON
FRA
GBR
ALE
AUT
NED
Ret
ITA
Ret
CAN
USA
NC 0

‡ Ao non completar o 75% da distancia da carreira adxudicáronse a metade dos puntos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vittorio Brambilla Profile". grandprix.com. 
  2. Final Driver Standing, New York Times, October 7, 1974, Page 45.
  3. Brain Surgery for Driver, New York Times, August 18, 1975, Page 17.
  4. Lauda, in 'Training' Car, Paces Qualifying At Glen, New York Times, October 4, 1975, Page 22.
  5. Regazzoni Takes Coast Race Pole, New York Times, March 28, 1976, Page 175.
  6. Good Turn For Brambilla? Drivers In Grand Prix Get A Fresh, New Start, Los Angeles Times, March 29, 1978, Page E1.
  7. Hunt Takes U.S. Grand Prix With Lauda Third, October 11, 1976, Page 47.
  8. Auto Racing, New York Times, May 23, 1977, Page E36.
  9. At Long Beach, Calif., New York Times, April 2, 1978, Page S8.
  10. Complete Results of 1978 Long Beach Grand Prix, Los Angeles Times, April 2, 1979, Page H10.
  11. 2 Reported Indicted In Fatal Crash, New York Times, October 3, 1979, Page D18.
  12. Italian Grand Prix Moved From Dangerous Monza Track, Los Angeles Times, October 27, 1978, Page SD_B4.
  13. Rain Sets Back Prix Qualifying, The Washington Post, October 6, 1979, Page D2.
  14. Alfa Romeo Racer Shown, Los Angeles Times, December 11, 1979, Page D8.
  15. "Former Formula One driver Brambilla dies". GPUpdate.net. 27 May 2001. Consultado o 1 February 2011. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]