Gran Premio do Xapón de 1977

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Gran Premio de Xapón de 1977")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Flag of Japan.svg Gran Premio do Xapón de 1977
Detalles da carreira
Carreira 17 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1977.
Trazado do circuíto de Fuji.
Trazado do circuíto de Fuji.
Data 23 de outubro 1977
Nome oficial XII Gran Premio do Xapón
Localización Fuji Speedway, Oyama, Shizuoka Xapón
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´359 km
Distancia 73 voltas, 318´207 km
ClimaSeco
Pole position
Piloto Flag of the United States.svg Mario Andretti Lotus-Ford
Tempo 1:12.23
Volta rápida
Piloto Unión Sudafricana Jody Scheckter Wolf-Ford
Tempo 1:14.30 na volta 71
Podio
Primeiro Flag of the United Kingdom.svg James Hunt McLaren-Ford
Segundo Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann Ferrari
Terceiro Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford

O Gran Premio do Xapón de Fórmula 1 de 1977 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 23 de outubro de 1977 en Fuji.

Informe[editar | editar a fonte]

Mario Andretti e James Hunt continuaron a súa batalla no final da tempada, con Hunt loitando co americano para a pole, e John Watson á fronte da segunda fila. Hunt tomou a dianteira na saída, e Jody Scheckter e Jochen Mass pasaron á segunda e terceira posición, mentres que Andretti tivo un comezo terrible e quedou na cola dos dez primeiros. Na segunda volta, Andretti estivo involucrado nunha colisión ao tratar de gañar lugares, quedando fora da carreira. Con Andretti fora, Hunt non tiña rivais e abriu unha gran brecha, co seu compañeiro Mass segundo e Watson que pasara a Scheckter terceiro. Pero, tanto Mass como Watson tiveron que retirarse pouco despois con fallas de motor e da caixa de cambios, e con Scheckter perdendo posicións, Carlos Reutemann estaba segundo ata que foi pasado por Jacques Laffite. Hunt seguiu e culminou a tempada cunha vitoria cómoda, mentres que Laffite quedou sen combustible na última volta, entregando o segundo posto a Reutemann e permitindo a Patrick Depailler completar o podio.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirado Grella Puntos
1 1 Flag of the United Kingdom.svg James Hunt McLaren-Ford 73 1:31:51.68 2 9
2 12 Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann Ferrari 73 +1:02.45 7 6
3 4 Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford 73 +1:06.39 15 4
4 17 Australia Alan Jones Shadow-Ford 73 +1:06.61 12 3
5 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Matra 72 Sen combustible 5 2
6 16 Italia Riccardo Patrese Shadow-Ford 72 +1 volta 13 1
7 8 Alemaña Hans Joachim Stuck Brabham-Alfa Romeo 72 +1 volta 4
8 19 Italia Vittorio Brambilla Surtees-Ford 71 +2 voltas 9
9 50 Flag of Japan.svg Kunimitsu Takahashi Tyrrell-Ford 71 +2 voltas 22
10 20 Unión Sudafricana Jody Scheckter Wolf-Ford 71 +2 voltas 6
11 52 Flag of Japan.svg Kazuyoshi Hoshino Kojima-Ford 71 +2 voltas 11
12 9 Flag of Brazil.svg Alex Ribeiro March-Ford 69 +4 voltas 23
Ret 6 Flag of Sweden.svg Gunnar Nilsson Lotus-Ford 63 Caixa de cambios 14
Ret 22 Suíza Clay Regazzoni Ensign-Ford 43 Motor 10
Ret 7 Flag of the United Kingdom.svg John Watson Brabham-Alfa Romeo 29 Caixa de cambios 3
Ret 2 Alemaña Jochen Mass McLaren-Ford 28 Motor 8
Ret 23 Francia Patrick Tambay Ensign-Ford 14 Motor 16
Ret 3 Flag of Sweden.svg Ronnie Peterson Tyrrell-Ford 5 Accidente 18
Ret 11 Flag of Canada.svg Gilles Villeneuve Ferrari 5 Accidente 20
Ret 27 Francia Jean-Pierre Jarier Ligier-Matra 3 Motor 17
Ret 5 Flag of the United States.svg Mario Andretti Lotus-Ford 1 Colisión 1
Ret 51 Flag of Japan.svg Noritake Takahara Kojima-Ford 1 Colisión 19
Ret 18 Austria Hans Binder Surtees-Ford 1 Colisión 21

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 8 mellores resultados das primeiras 9 roldas e os 7 mellores resultados das últimas 8 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.


Carreira anterior:
Gran Premio de Canadá de 1977
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1977
Carreira seguinte:
Gran Premio da Arxentina de 1978
Carreira anterior:
Gran Premio do Xapón de 1976
Gran Premio do Xapón Carreira seguinte:
Gran Premio do Xapón de 1987
  • Líderes por volta: James Hunt 73 Voltas (1-73).
  • Esta carreira foi a décima e última vitoria de James Hunt
  • Un comisario e un fotógrafo morreron polos restos logo dunha colisión na que estaban implicados o Ferrari de Gilles Villeneuve e o Tyrrell P34 de Ronnie Peterson na volta cinco. Ambos estaban parados nunha zona prohibida da pista cando ocorreu o accidente.[1]
  • Esta carreira foi a última carreira de Gunnar Nilsson, antes de morrer de cancro en 1978.
  • Primeiro punto para Riccardo Patrese.
  • Esta carreira foi a última ocasión na que un coche (Tyrrell de Kunimitsu Takahashi ) utilizou pneumáticos Dunlop nun Campionato do Mundo de Fórmula 1.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Major incidents of fan deaths". Tampa Bay Times. 11 June 2005. Consultado o 22 March 2013. 
  2. "I suppose the most famous tyres of all, to British eyes, are Dunlops. Have they ever been used in F1?". Ask Steven – ESPNF1.com. Consultado o 23 June 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]