Gran Premio do Xapón de 1976

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gran Premio de Xapón de 1976»)
Gran Premio de Xapón de 1976
Detalles da carreira
Carreira 16 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1976.
Trazado do circuíto de Fuji.
Trazado do circuíto de Fuji.
Data 24 de outubro 1976
Nome oficial XI Gran Premio do Xapón
Localización Fuji Speedway, Oyama, Shizuoka Xapón
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´359 km
Distancia 73 voltas, 318´207 km
ClimaChuvia e bretema
Pole position
Piloto Mario Andretti Lotus-Ford
Tempo 1:12.77
Volta rápida
Piloto Masahiro Hasemi Kojima-Ford
Tempo 1:18.23 na volta 25
Podio
Primeiro Mario Andretti Lotus-Ford
Segundo Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford
Terceiro James Hunt McLaren-Ford

O Gran Premio do Xapón de Fórmula 1 de 1976,[1] celebrouse en Fuji o 24 de outubro de 1976. Como nota curiosa da carreira anunciouse que a volta máis rápida a establecera Masahiro Hasemi na volta 25, pero foi un erro de medición, e, varios días máis tarde, o circuíto emitiu un comunicado de prensa para corrixir o titular da volta máis rápida da carreira, foi Jacques Laffite cun tempo de 1:19.97 na volta 70.[2] Esta versión foi coñecida de inmediato no Xapón, e a Federación Xaponesa do Automóbil (JAF) e os medios de comunicación xaponeses corrixiron o rexistro.[3][4] Pero esta corrección non se coñecía fóra do Xapón, polo tanto, Hasemi foi tratado como o posuidor do récord de volta rápida da carreira en moitos libros de récords incluíndo a páxina web oficial da Fórmula 1.[5]

Informe[editar | editar a fonte]

O Campionato do Mundo de 1976 íase a decidir no circuíto de Monte Fuji, con Niki Lauda só tres puntos por diante de James Hunt logo dunha tempada chea de incidentes, incluíndo accidente case fatal de Lauda en Nürburgring e a perda posterior de carreiras.

Mario Andretti logrou a pole position no Lotus 77 con Hunt no segundo lugar e Lauda terceiro. Logo veu John Watson, Jody Scheckter, Carlos Pace, Clay Regazzoni e Vittorio Brambilla. O top 10 foi completado por Ronnie Peterson e Hasemi.

O día da carreira, o tempo era moi húmido coa néboa e a auga correndo, en varios puntos da pista. Houbo intensos debates en canto a si debíase iniciar a carreira, ao final os organizadores decidiron seguir adiante aínda que a maioría dos pilotos non estaban de acordo. Algúns pilotos, incluíndo Niki Lauda, non estaban contentos coa decisión.

James Hunt tomou a dianteira desde o principio con John Watson e Mario Andretti atrás. Na segunda volta, Watson saíuse por unha vía de escape e Lauda entrou co coche a boxes para retirarse, xa que cría que as condicións climáticas facían a pista demasiado perigosa. Máis tarde dixo "a miña vida vale máis que un título". Larry Perkins tomou unha decisión similar logo dunha volta como o fixeron Carlos Pace e Emerson Fittipaldi posteriormente na carreira.

Hunt seguiu á fronte, detrás del o segundo lugar alternábase entre Andretti e Brambilla. Na volta 22 Brambilla loitaba polo liderado, pero trompeou. Jochen Mass tomou o segundo lugar, o que prometía un 1-2 de McLaren pero estrelouse na volta 36 e así Patrick Depailler subiu ao segundo lugar con Andretti terceiro.

Parecía unha vitoria fácil para Hunt, pero a medida que a pista comezou a secarse empezou a perder posicións. Só necesitaba un cuarto posto para gañar o título, debido á retirada de Lauda. Na volta 62 Hunt quedou atrás de Depailler e Andretti, pero dúas voltas máis tarde o pneumático traseiro esquerdo de Depailler comezou a desinflarse e tivo que entrar en boxes. Andretti púxose por diante, pero daquela Hunt tivo un problema similar nos pneumáticos. Hunt entrou en boxes, caeu ao quinto lugar por detrás de Andretti, Alan Jones, Regazzoni e Depailler. Depailler superou aos dous pilotos na volta 70 e na seguinte volta Hunt fixo o mesmo rematando terceiro e gañando o Campionato do Mundo de Pilotos, para a súa sorpresa.

Ferrari gañou o campionato mundial de construtores a pesar da retirada de Lauda.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 5 Mario Andretti Lotus-Ford 73 1:43:58.86 1 9
2 4 Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford 72 + 1 volta 13 6
3 11 James Hunt McLaren-Ford 72 + 1 volta 2 4
4 19 Australia Alan Jones Surtees-Ford 72 + 1 volta 20 3
5 2 Suíza Clay Regazzoni Ferrari 72 + 1 volta 7 2
6 6 Gunnar Nilsson Lotus-Ford 72 + 1 volta 16 1
7 26 Francia Jacques Laffite Ligier-Matra 72 + 1 volta 11
8 24 Austria Harald Ertl Hesketh-Ford 72 + 1 volta 22
9 18 Noritake Takahara Surtees-Ford 70 + 3 voltas 24
10 17 Francia Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 69 + 4 voltas 15
11 51 Masahiro Hasemi Kojima-Ford 66 + 7 voltas 10
Ret 3 Unión Sudafricana Jody Scheckter Tyrrell-Ford 58 Temperatura 5
Ret 21 Austria Hans Binder Wolf-Williams-Ford 49 Roda 25
Ret 16 Tom Pryce Shadow-Ford 46 Potencia 14
Ret 9 Italia Vittorio Brambilla March-Ford 38 Eléctrico 8
Ret 34 Alemaña Hans Joachim Stuck March-Ford 37 Eléctrico 18
Ret 12 Alemaña Jochen Mass McLaren-Ford 35 Accidente 12
Ret 28 John Watson Penske-Ford 33 Motor 4
Ret 52 Kazuyoshi Hoshino Tyrrell-Ford 27 Pneuma. 21
Ret 20 Italia Arturo Merzario Wolf-Williams-Ford 23 Caixa de cambios 19
Ret 30 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 9 Retirado 23
Ret 8 Carlos Pace Brabham-Alfa Romeo 7 Retirado 6
Ret 1 Austria Niki Lauda Ferrari 2 Retirado 3
Ret 7 Australia Larry Perkins Brabham-Alfa Romeo 1 Retirado 17
Ret 10 Ronnie Peterson March-Ford 0 Motor 9
NTS 21 Masami Kuwashima Wolf-Williams-Ford
NSC 54 Tony Trimmer Maki-Ford
  • Niki Lauda e James Hunt chegaron a esta carreira coa oportunidade de gañar o título.
    • Lauda (68 pts) necesitaba:
      • Ser primeiro
      • Ser 2º ou 3º con Hunt 2º ou pior
      • Ser 4º ou 5º con Hunt 3º ou pior
      • Ser 6º con Hunt 4º ou pior
      • Hunt 5º ou pior
    • Hunt (65 pts) necesitaba:
      • Ser primeiro
      • Ser 2º con Lauda 4º ou pior
      • Ser 3º con Lauda 6º ou pior

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 7 mellores resultados das primeiras 8 roldas e os 7 mellores resultados das últimas 8 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.


Carreira anterior:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1976
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1976
Carreira seguinte:
Gran Premio da Arxentina de 1977
Carreira anterior:
Gran Premio do Xapón de 1975
Gran Premio do Xapón Carreira seguinte:
Gran Premio do Xapón de 1977

Notas[editar | editar a fonte]

  1. no Xapón, o nome formal desta carreira de Fórmula Un non é "Gran Premio do Xapón", é "Campionato do Mundo de Fórmula 1 no Xapón" (F1世界選手権・イン・ジャパン), debido a que a carreira do Campionato xapones de Fórmula 2000 fora nomeado "Gran Premio do Xapón" en 1976.
  2. i-dea archives (01/14/06). '76 F1イン・ジャパン (1976 F1 World Championship in Japan). AUTO SPORT Archives 日本の名レース100選 (The 100 Best races in Japan) (en Japanese). Vol. 001. San-eishobo Publishing Co.,Ltd. p. 77. ISBN 978-4-7796-0007-4. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2010. Consultado o 16 December 2010. 
  3. "Motorsport competition results: 1976 F1 World Championship in Japan" (en Japanese). Japan Automobile Federation. Consultado o 2010-12-17. 
  4. "Archive: 1976 F1 World Championship in Japan" (en Japanese). Nikkan Sports News. 1976-10-25 (original issued date). Consultado o 2010-12-17. 
  5. "1976 Japanese Grand Prix". Formula One Administration Ltd. Consultado o 2010-12-17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]