Gran Premio da Arxentina de 1975

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Flag of Argentina.svg Gran Premio de Arxentina de 1975
Detalles da carreira
Carreira 1 de 14 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1975.
Trazado do circuíto de Bos Aires.
Trazado do circuíto de Bos Aires.
Data 12 de xaneiro 1975
Nome oficial XII Gran Premio de la Republica Argentina de 1975
Localización Autódromo Oscar Alfredo Gálvez, Buenos Aires, Arxentina
Percorrido Percorrido permanente de carreira
5´968 km
Distancia 53 voltas, 316´315 km
ClimaAsollado, cálido
Pole position
Piloto Francia Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford
Tempo 1:49.21[1]
Volta rápida
Piloto Flag of the United Kingdom.svg James Hunt Hesketh-Ford
Tempo 1:50.91[2] na volta 34
Podio
Primeiro Flag of Brazil.svg Emerson Fittipaldi McLaren-Ford
Segundo Flag of the United Kingdom.svg James Hunt Hesketh-Ford
Terceiro Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann Brabham-Ford

O Gran Premio da Arxentina de 1975 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 12 de xaneiro de 1975 no Autódromo Oscar Alfredo Gálvez de Buenos Aires. Foi a primeira carreira da tempada de 1975, e o duodécimo Gran Premio da Arxentina e a segunda, que se celebrou na versión largada do circuíto de seis quilómetros ao redor do lago que se atopa ao nordeste do circuíto.

A carreira foi gañada por segunda vez polo piloto brasileiro Emerson Fittipaldi pilotando un McLaren M23 cunha vantaxe de seis segundos sobre James Hunt no seu Hesketh 308. Carlos Reutemann obtivo o seu mellor resultado ata ese momento na súa carreira de casa, terminando terceiro no seu Brabham BT44B.

Resumo da carreira[editar | editar a fonte]

A pretempada foi bastante tranquila, Jochen Mass substituíra a Denny Hulme en McLaren, John Watson uniuse a Surtees e Mike Wilds, Rolf Stommelen e Jacques Laffite confirmáronse en BRM, Hill e Williams respectivamente.

March anunciara a súa retirada, pero logo nunha inesperada decisión confirmou a súa participación en 1975 con Vittorio Brambilla e a muller piloto Lella Lombardi.

Ronnie Peterson tivo problemas contractuais, ao parecer descontento con Lotus e houbo dúbidas ata o inicio do Gran Premio si estaría pilotando para eles ou para Shadow.

Jean-Pierre Jarier demostrou a eficacia dos Shadow, facendo a volta máis rápida do circuíto, unha media de 196 km/h para gañar a súa primeira pole por diante de Carlos Pace e Carlos Reutemann.

Pero todo foi en balde. Na volta de quecemento, rompeulle un piñón da coroa dentada, e non puido saír. O heroe local Reutemann tomou o liderado diante de Pace. James Hunt pilotaba o novo Hesketh coa nova suspensión de caucho subiu do sexto ata o terceiro lugar, loitando con Niki Lauda. Jochen Mass e Jody Scheckter engancháronse e tiveron que parar en boxes. Mentres tanto, John Watson perdeu terreo debido a un problema ca bomba de gasolina e foi descualificado logo de intentar reparalo na pista.

Wilson Fittipaldi estrelouse na volta 13, o coche incendiouse e tivo que saír o camión de bombeiros. Hunt pasara Lauda e foi a captúra dos dous Brabhams. Pace tomou a dianteira na volta 15, pero ó pasar por riba da escuma usada para apagar o coche de Wilson fixo un trompo e caeu ao oitavo lugar. Reutemann tomou o liderado,seguido por Hunt, Lauda e Emerson Fittipaldi. Na volta 23 o brasileiro foi capaz, tras unha serie de intentos infrutuosos, de pasar ao piloto de Ferrari. O líder da carreira Carlos Reutemann, con problemas nos pneumáticos, foi pasado na volta 25 por Hunt, e na seguinte volta, tamén por Fittipaldi. O brasileiro acadou o liderado da carreira na volta 35 que aguantou ata o final da carreira. James Hunt consolouse coa volta rápida, a primeira e única na historia de Hesketh.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1 Flag of Brazil.svg Emerson Fittipaldi McLaren-Ford 53 1:39:26.29 5 9
2 24 Flag of the United Kingdom.svg James Hunt Hesketh-Ford 53 + 5.91 6 6
3 7 Flag of Argentina.svg Carlos Reutemann Brabham-Ford 53 + 17.06 3 4
4 11 Suíza Clay Regazzoni Ferrari 53 + 35.79 7 3
5 4 Francia Patrick Depailler Tyrrell-Ford 53 + 54.25 8 2
6 12 Austria Niki Lauda Ferrari 53 + 1:19.65 4 1
7 28 Flag of the United States.svg Mark Donohue Penske-Ford 52 + 1 volta 16
8 6 Bélxica Jacky Ickx Lotus-Ford 52 + 1 volta 18
9 9 Italia Vittorio Brambilla March-Ford 52 + 1 volta 12
10 22 Flag of the United Kingdom.svg Graham Hill Lola-Ford 52 + 1 volta 21
11 3 Unión Sudafricana Jody Scheckter Tyrrell-Ford 52 + 1 volta 9
12 16 Flag of the United Kingdom.svg Tom Pryce Shadow-Ford 51 Transmisión 14
13 23 Alemaña Rolf Stommelen Lola-Ford 51 + 2 voltas 19
14 2 Alemaña Jochen Mass McLaren-Ford 50 + 3 voltas 13
Ret 8 Flag of Brazil.svg Carlos Pace Brabham-Ford 46 Motor 2
NC 20 Italia Arturo Merzario Williams-Ford 44 Non clasificado 20
Ret 27 Flag of the United States.svg Mario Andretti Parnelli-Ford 27 Transmisión 10
Ret 14 Flag of the United Kingdom.svg Mike Wilds BRM 24 Motor 22
Ret 5 Flag of Sweden.svg Ronnie Peterson Lotus-Ford 15 Motor 11
Ret 21 Francia Jacques Laffite Williams-Ford 15 Caixa de cambios 17
Ret 30 Flag of Brazil.svg Wilson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 12 Accidente 23
DSC 18 Flag of the United Kingdom.svg John Watson Surtees-Ford 6 Descualificado 15
NTS 17 Francia Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 0 Transmisión 1

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio dos Estados Unidos de 1974
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1975
Carreira seguinte:
Gran Premio de Brasil de 1975
Carreira anterior:
Gran Premio da Arxentina de 1974
Gran Premio da Arxentina Carreira seguinte:
Gran Premio da Arxentina de 1977

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lang, Mike (1983). Grand Prix! Vol 3. Haynes Publishing Group. p. 66. ISBN 0-85429-380-9. 
  2. Lang, Mike (1983). Grand Prix! Vol 3. Haynes Publishing Group. p. 68. ISBN 0-85429-380-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-15.