Vítor II, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVítor II, papa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Baviera Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xullo de 1057 Editar o valor em Wikidata
Arezzo Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Malaria Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaMausoléu de Teodorico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
153º Papa
19 de abril de 1055 – 28 de xullo de 1057 (Gregoriano)
← León IXEstevo X →
Bispo diocesano
1042 –
← Gezemann (pt) TraducirGundekar II. (pt) Traducir →
Diocese: Diocese de Eichstätt (pt) Traducir
Bispo

Diocese: Diocese de Eichstätt (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSacro Imperio Romano Xermánico Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico , bispo católico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Dollnstein-Hirschberg-1 Find a Grave: 8200564 Editar o valor em Wikidata

Vítor II (de nome Gebhard de Dollnstein-Hirschberg ), nado en Baviera e finado en Arezzo o 28 de xuño de 1057, foi o Papa nº 153 da Igrexa católica de 1055 a 1057.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun barón suabo, o conde Hartwing de Calw, e parente do emperador Henrique III, foi nomeado bispo de Eichstätt en 1042, cando contaba 24 anos de idade, grazas á influencia do seu tío, o bispo Gerhard de Ratisbona. Desde esa posición apoiou as políticas e intereses do emperador Henrique e converteuse nun dos seus principais asesores.

Foi nomeado ao papado en Maguncia, en setembro de 1054, por Henrique III,e unha delegación romana encabezada por Hildebrando, futuro papa Gregorio VII, sendo consagrado na catedral de San Pedro, e o seu pontificado enmárcase na reforma gregoriana.

En xuño de 1055, Vítor II atopouse co emperador en Florencia, onde celebrou un concilio que reforzou a condena de León IX ao matrimonio dos sacerdotes, a simonía e a perda dos bens da Igrexa.

En 1056 desprazouse a Alemaña para solicitar a protección imperial fronte aos normandos. Durante a súa estancia en terras xermanas Henrique III faleceu, deixando no trono ao seu fillo de seis anos Henrique IV e como rexente a súa viúva a emperatriz Agnes de Poitou.

Vítor II faleceu pouco despois en Arezzo, o 28 de xuño de 1057, por mor da malaria sendo enterrado na cidade de Rávena.

Tras a súa morte, e aproveitando o baleiro de poder en Alemaña cun emperador que é só un neno e unha rexente totalmente inexperta, a nobreza romana volverá ser a institución determinante na elección papal e Vítor II converterase no último Papa nomeado por un emperador alemán.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.