Barón
Barón, ou baronesa, na súa forma feminina, é un dos títulos nobiliarios europeos cos que os monarcas mostran a súa gratitude a certas persoas. Seu señorío chámase baronía.
Durante a Alta Idade Media, barón significaba ao varón libre en distintos dialectos e idiomas antigos xermánicos, como o franco.[2] No tempo dos merovinxios o título empregábase para significar vagamente varón poderoso e, algunha vez, marido. Na época feudal, o título designaba un Señor ilustre gozando de todos os dereitos feudais en perfecta plenitude:
- Chamabáse a Guillerme o Conquistador o barón famoso.
- Os grandes vasalos de Francia ou de Inglaterra eran os altos baróns.
- Os Montmorency titulábanse con orgullo os primeiros baróns cristiáns.
- Godofredo de Bouillón foi chamado o barón do Santo Sepulcro.[3]
A muller que ostenta o título (muller esposa do barón) coñécese como baronesa. O territorio sobre os que os baróns exercían a súa xurisdición chamábase baronía. Os patrimonios dos infantes de Francia eran dados en condado e baronía (in comitatum et baroniam). En Inglaterra chamouse baróns aos pares do reino, aos xuíces do tribunal do Échiquier, aos notábeis de Londres, de York etc.[3]
Polo xeral, os títulos españois de barón anteriores ao século XIX corresponden a nobres procedentes da antiga Coroa de Aragón, lchamándose señor na Coroa de Castela, denominándose o territorio ao cal dominaba como señorío. A partir de mediados do século XIX carecede xurisdición territorial e é puramente honorífico.
En España é inmediatamente inferior ao de vizconde.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Corona de barón". Diccionario de la lengua española.
- ↑ "Barón, esa". Diccionario de la lengua española.
- ↑ 3,0 3,1 Diccionario enciclopédico popular ilustrado Salvat (1906-1914).
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vizconde..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- De Mayoralgo y Lodo, José Miguel (2007): Historia y régimen jurídico de los títulos nobiliarios: manual de nobiliaria I, Editorial Hidalguía. ISBN 978 84 8985 1566.