Saltar ao contido

Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHenrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Heinrich IV Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1050 Editar o valor en Wikidata
Kaiserpfalz Goslar, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte7 de agosto de 1106 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Liexa (Baixa Lorena) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Speyer (pt) Traducir (1106–) Editar o valor en Wikidata
Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
5 de outubro de 1056 – 31 de decembro de 1105
← Henrique III, EmperadorHenrique V, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico →
Duque de Baviera
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Altura1,8 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, Emperador, escritor Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
Duque de Baviera Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía salia Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBerta de Savoia
Eupráxia de Kiev Editar o valor en Wikidata
FillosInês da Alemanha
 () Berta de Savoia
Conrado II de Italia
 () Berta de Savoia
Henrique V, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico
 () Berta de Savoia Editar o valor en Wikidata
PaisHenrique III, Emperador Editar o valor en Wikidata  e Inês da Aquitânia Editar o valor en Wikidata
IrmánsConrado II, Duque da Baviera
Adelheid II.
Judite da Suábia
Beatrice I, Abbess of Quedlinburg
Matilda da Suábia Editar o valor en Wikidata
ParentesAdelaide de Saboia, cuñada Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1900exhumación Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX915913 WikiTree: Salian-10

Henrique IV, nado en 1050 e finado en 1106, foi o terceiro emperador da dinastía Salia do Sacro Imperio Romano Xermánico. Fillo de Henrique III e de Agnes de Poitou.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Trala morte de Henrique III o 5 de outubro de 1056 Henrique IV só tiña 6 anos. Tanto a súa protección como a do Imperio foi confiada ó papa Vítor II, quen, grazas á súa habilidade diplomática, logrou asegurar a sucesión e permitiu a rexencia da nai do rei; incluso outorgándolle a esta o dereito de escoller sucesor en caso de morte do seu fillo.

Trala morte de Vítor II, tanto a sé pontificia como a nobreza do Imperio se aproveitaron da debilidade dun rei menor de idade. Escolléronse papas, sen sequera comunicarllo ó imperio e Nicolao II aproveitou para cambiar o sistema de elección papal quedándolle ó emperador o chamado dereito de asentimento, aínda que non está claro se o asentimento era antes ou despois da elección cardinalicia. Nicolao II tamén conseguiu un xuramento de fidelidade por parte dos Normandos asentados no sur da Península Itálica; pasando estes a ser vasalos do pontífice. Outorgando o papa dereitos sobre terras que antes da conquista normanda pertencían ó imperio.

Toda esta política independente do papa viuse con resentimento dende as terras imperiais e un sínodo cortesán declarou nulas as súas decisións, sendo ignorado polo imperio ata a súa morte. Pouco despois dáse o golpe de estado de Kaiserwerth comandado pola nobreza e que afasta ó rei da súa nai, deixando esta de ser rexente. O arcebispo de Colonia Annón pasou a ser o rexente.

Trala morte do papa se produciu un conflito sucesorio, habendo dous papas á vez, Annón influíu sobre o rei para escoller ó partidario das reformas que se estaban a producir na Igrexa, Alexandre II.

Querela das investiduras

[editar | editar a fonte]

No 1070 Widón de Milán, canso do seu cargo de bispo de Milán, envíalle o anel e o báculo ó emperador e este decide investir como bispo ó clérigo nobre Godofredo. Pero trala morte de Widón en 1072, o papa nomea bispo a Atón, producíndose así un cisma, que, trala morte de Alexandro II en 1073, continuaría co papa Gregorio VII.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • HUBERT,J. (1970). Manual de Historia de la Iglesia, vol. 3. Barcelona: Herber.
  • TORRES DELGADO, C. e POCIÑO PÉREZ, A. (1983). Vida del emperador Enrique IV de Alemania. Universidad de Granada.
  • GARCÍA CORTÁZAR, J.A. e RUIZ DE AGUIRRE e SESMA MUÑOZ, J. A. (1997). Historia de la Edad Media, una síntetis interpretativa. Madrid: Alianza Editorial.
  • LADERO QUESADA, M. A. (1987). Historia Universal, Edad Media. Barcelona: Vicens Universidad.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.