Sisto V, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sisto V
Nome completoFelice Piergentile
AlcumeSisto V
Nacemento13 de decembro de 1520
Lugar de nacementoGrottammare
Falecemento27 de agosto de 1590
Lugar de falecementoRoma
Causamalaria
Soterradobasílica de Santa María a Maior
NacionalidadeEstados Pontificios
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico, diácono e bispo católico
PaiPiergentile Peretto
NaiMarina
IrmánsMaria Felice Mignucci Peretti
Períodoentre o 1 de maio de 1585 e o 27 de agosto de 1590
Coñecido porser o papa n° 227 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Montalto-3 Find a Grave: 7143081 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Sisto V

Felice Peretti, nado en Grottammare o 13 de decembro de 1520[1] e morto en Roma o 27 de agosto de 1590, foi o papa número 227, elixido papa o 1 de maio de 1585, escollendo o nome pontifical de Sisto V (en latín Sixtus V ou Systus V).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de modestos campesiños da comarca de Ancona, na rexión das Marcas, ingresou na orde dos franciscanos conventuais. Fixo a súa carreira eclesiástica como predicador, até entrar na Inquisición, primeiro en Venecia (de 1557 a 1560) e máis tarde en España, onde foi acompañado do legado Boncompagni, futuro Gregorio XIII. En 1566, foi nomeado vigairo xeral da súa orde. Recibiu moi pronto responsabilidades pastorais, ao ser nomeado bispo de Sant’ Agata dei Goti, e despois de Fermo.

No 24 de abril de 1585, tras a morte de Gregorio XIII, foi elixido papa. Tomou o nome de Sisto V como homenaxe a Sisto IV, outro papa franciscano (1414-1484). Pouco tempo antes, o conclave xa designara un representante dunha orde mendicante na persoa de Pío V, dominico. A tendencia mostraba o retorno das grandes forzas da Idade Media, con menoscabo das que foran xurdindo durante a Reforma católica, como os xesuítas.

O pontificado de Sisto V acelerou a evolución dos Estados Pontificios cara a un Estado moderno. Tal evolución era probabelmente consciente: o papa posuía na súa biblioteca un exemplar do Príncipe de Maquiavelo. Sisto V esforzouse ante todo en garantir a seguranza dos seus Estados ao ditar medidas máis severas contra os bandidos. Loitou contra os poderes feudais locais. Realizou unha política dinámica de obras públicas e de emprego: o saneamento das marismas pontinas foi tamén un medio de fornecer traballo aos innúmeros mendigos. Agrandou a Biblioteca vaticana e fixo construír a sala Sistina por Domenico Fontana. Reorganizou a Curia romana, creando pola bula Immensa æterni Dei congregacións permanentes. Impulsou a impresión dunha edición corrixida da Vulgata, a fin de formar unha barreira contra os protestantes, mais sen demasiado éxito. Paralelamente, cubriu de favores ao seu sobriño Alessandro, ao que fixo cardeal con tan só 15 anos de idade.

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.