Juan Freire Barcia
Juan Freire Barcia | |
---|---|
Nacemento | 21 de marzo de 1926 |
Lugar de nacemento | Vilar de Mouros |
Falecemento | 31 de outubro de 1949 |
Lugar de falecemento | Pazos |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
Irmáns | José Freire Barcia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Juan Freire Barcia, nado en Vilar de Mouros (A Capela) o 21 de marzo de 1926 e finado en Monfero o 31 de outubro de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Irmán de José Freire Barcia. Incorporouse co seu irmán á guerrilla en maio de 1949, da man de Francisco Rey Balbís. Pertencía ao destacamento Arturo Cortizas da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Morreu nun enfrontamento armado coa Garda civil en Pazos o 31 de outubro de 1949,[1] suicidándose xunto cos compañeiros José Temblás Paz e Rogelio Alonso Carral, pois outros catro membros do destacamento xa foran abatidos pola Garda civil.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 1-11-1949, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Do Castro, ed. Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada. p. 68. ISBN 84-8485-231-8.